Presentación Libro: "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals" de Rosa Cal. Xoves 26 de outubro ás 19,30 h



Presentación Libro: "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals" de Rosa Cal.
Xoves 26 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán 

Contaremos coa presenza de Xulia Díaz, Eliseo Fernández e a autora Rosa Cal.
Organizado polo Ateneo Ferrolán e o Club de Prensa.

Os alicerces da radio eran: a CIA, grandes empresas coas súas achegas económicas, e os militares. O seu labor era emitir propaganda aos países da URSS, co obxectivo de conseguir a súa liberación. Facíano desde España que estaba secuestrada por unha ditadura. Foi das máis potentes do mundo, co material máis novo no seu momento.

XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Charla sobre "Composición Fotográfica". Venres día 20 de outubro ás 19,30 h.


Charla sobre "Composición Fotográfica" e Presentación do último libro de Fran Nieto

Venres día 20 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán


Charla na que analizaremos a forma en que percibimos a realidade e valoraremos se existen regras compositivas.

Ao finalizar a charla fará unha breve presentación do seu último libro, que trata sobre estes temas.

Esperámosvos!

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Charla: "A migración desde Africa do Oeste a Europa". Luns 16 ás 20 h.


O luns día 16 de outubro ás 20 h. no #Ateneo

Charla: "A migración desde Africa do Oeste a Europa, mais alá das razóns económicas. Experencia de Hahatay sorrisos de Gandiol"  
por Laura Feal y Almudena Rendueles. 

Organiza: Esquerda Unida Ferrol e a colaboración do Foro Galego de Inmigración e o Ateneo Ferrolán.

Master Class con Alberto Cereijo. Venres día 13 ás 18 h.



Master Class con Alberto Cereijo

Venres día 13 ás 18 h. no #Ateneo

Estamos encantad@s!! Temos nova Master Class da man de Ensaio Ferrol!! 

Esta vez nos acompaña un dos grandes guitarristas destes tempos, Alberto Cereijo da banda coñecida por tod@s LOS SUAVES achégase a Ferrol para compartir con nós a tarde do venres día 13. 

Coma todas as actividades que se realizan a través dos Locais de Ensaio será de balde e aberta a toda a cidadanía, reserva a tua praza!!

https://www.facebook.com/Ensaio-Ferrol-1066065020097705/

Mostra Fotográfica "Removendo recordos" de Esperanza Vázquez Dopico. Venres día 6 ás 20 h.


Mostra Fotográfica "Removendo recordos" 
da artista ferrolá Esperanza Vázquez Dopico

Outubro de 2017

Inauguración o venres día 6 de outubro ás 20 h.

Entrada libre 



Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1703704013004309

Novidades na nosa Biblioteca-Hemeroteca. Setembro 2017


Novidades na nosa Biblioteca-Hemeroteca. Setembro 2017

#AteneoFerrolán #SomosCultura


Charla sobre Acoso Escolar: "A desigualdade no ámbito escolar". Mércores 4 de outubro ás 19,30 h.




Charla sobre Acoso Escolar: "A desigualdade no ámbito escolar"
Mércores 4 de outubro ás 19,30 h.

Participan: Javier Sánchez, Lois Trigo, Lupe Ces e Gloria Guitián
Organiza: Fuco Buxán


Related Posts with Thumbnails