Exposición e Charla "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós". Luns 23 de abril ás 19,45 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 21.4.18
O luns día 23 de abril o Club de Prensa de Ferrol máis o Ateneo Ferrolán presentan a Exposición "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós". As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela.
Inauguración ás 19,45 h e poderá visitarse ate o 6 de maio no #AteneoFerrolán
Ás 20 h. Charla na que participará Ricardo Gurriarán, historiador e membro da F10M. Comisario da exposición "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós"
Etiquetas: Actividades, Club de Prensa, Conferencias, Educación, Exposicións, Historia
Proxección Documental ARTE+MULLER+GALICIA. Venres 20 de abril ás 20 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 17.4.18
Proxección Documental ARTE+MULLER+GALICIA
dirixido por Rosario Sarmiento
Venres día 20 de abril ás 20 h. no #AteneoFerrolán
Organiza: Club de Prensa Ferrol
Este documental expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra result fundamental para entender o desenvolvemento da hstoria da arte contemporánea en Galiza.
O feito de ser muller marcou para moitas delas p desenvolvemento da súa traxectoria profesional e, sobre todo, a súa presenza e protagonismo nos espazos de poder e decisión.
Evento: https://www.facebook.com/events/1657358517688267/
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Audiovisuais, Club de Prensa, Cultura, Documentais
Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre". Mércores 18 de abril ás 19,30 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 17.4.18
Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre"
Mércores día 18 de abril ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada libre.
Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual veñen de presentar ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido polo proxecto de reabrir a mina de Touro e O Pino.
Xosé Bocixa (As Encrobas, 1967) dirixe ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario en que se mergulla na resposta veciñal ao macroproxecto que quer reactivar as antigas minas de cobre.
Dá voz a veciños, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.
Etiquetas: Actividades, Documentais, Medio Ambiente, Proxeccións
Charla: 15 anos con Couso. Luns 16 de abril às 19 h
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 13.4.18
Charla-Coloquio: 15 anos con Couso.
Luns día 16 de abril às 19 h no Ateneo Ferrolán
Enrique Santiago, avogado da familia e Secretario Xeral do Partido Comunista.
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Historia, Politica
Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda. Venres 13 de abril ás 20 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 9.4.18
Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda
Venres día 13 de abril ás 20 h. no #AteneoFerrolán
Entrada: 5 €
Concerto de Adrián Vigo, un virtuoso que rompe barreiras, acompañado da súa banda presentan o seu segundo disco "Reflejos"
https://www.facebook.com/
Etiquetas: Actividades, Concertos, Música en Directo
Conferencia: "Actualidade de Marx" por Francisco Sampedro. Mércores 11 de abril ás 19,30 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 6.4.18
Conferencia: "Actualidade de Marx" por FRANCISCO SAMPEDRO.
Mércores día 11 de abril ás 19,30 h. no #Ateneo
Presenta: Iolanda Teixeiro
Organiza: LiGanDo-LGD
https://gl.wikipedia.org/
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Historia, Politica
"Carvalho Calero: profesor e lingüísta". Xoves día 5 de abril as 20 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 4.4.18
Ferrol reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero
en todas as súas dimensións.
No Ateneo Ferrolán acolleremos dúas palestras:
- A primeira das palestras, "Carvalho Calero: profesor e lingüísta" terá lugar este xoves día 5 de abril as 20 h. con Xosé Mª Dobarro e Aurora Marco.
- A outra palestra "A acción política de Carvalho" con Bernardo Máiz Vázquez será o xoves día 19 de abril ás 20 h.
O Concello de Ferrol ven de presentar este mediodía polo miúdo o contido dunha homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ilustre historiador e lingüista nado en Ferrol Vello, para o que este municipio por unanimidade e co apoio da Mancomunidade da ría de Ferrol segue a reivindicar a Real Academia Galega que se lle adique, en xustiza, en recoñecemento a súa figura e legado o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Máis info na paxina do Concello de Ferrol: http://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4080
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Ferrol, LetrasGalegas
Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 26.3.18
Tes dous minutos?
Asóciate ao Ateneo Ferrolán
Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci@!
OPCIÓN 1
Cubre o seguinte formulario online:
(preme aquí para abrir o formulario noutra ventá)
(preme aquí para abrir o formulario noutra ventá)
OPCIÓN 2
Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa
ou por correo ordinario a:
Ateneo Ferrolán
Rúa Madalena 202-204
15402-Ferrol
OPCIÓN 3
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org
--------------------------------------------------------------------------
Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa
Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo.
Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.
Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......
Facéndote socio - socia
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.
Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura"
dende 1879 Patrimonio da Cidade
--------------------------------------------------------------------------
dende 1879 Patrimonio da Cidade
--------------------------------------------------------------------------
Etiquetas: Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Estatutos