Charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local". Xoves 18 de outubro ás 20,30 h.


 Charla 
"Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local"
 Xoves día 18 de outubro ás 20,30 h. no Ateneo

O xoves as 20:30 no Ateneo Ferrolán, Ferror Records e CGTH Records estaremos dando a charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local" dentro do programa de VideoClips a Esgalla 2018...

"Conferencia e proxeccións a cargo de Fernando Fernández Rego, Sergio Peck, Olalla Padín e Oscar M. López.. Ferror Records e CGTH son dous exemplos de autoxestión e produción independente que parten dunha premisa clara: apoiar e dinamizar a escena musical local. As súas actividades van dende a organización de concertos e festivais, á edición discográfica en formato físico e dixital. A axitación cultural é darlle folgos a escena musical da cidade son os motores de ambos colectivos. 

A idea da charla é dar a coñecer o intenso traballo que desenvolven ambos colectivos, presentar os múltiples traballos discográficos editados, fanzines, videoclips e concertos realizados. Tamén explicarán por qué a autoxestión é unha vía totalmente necesaria para dar saida na actualidade a moitos proxectos. Para elo levarán a cabo unha presentación conxunta con material audiovisual e físico. #VideoclipsaEsgalla2018 #VideoclipsaEsgalla".

Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio". Mércores 17 de outubro ás 19,30 h.


Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio".
Mércores día 17 de outubro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio

Como a familia Franco espoliou a veciñanza das Mariñas e adquiriu, pola porta de atrás, a propiedade de Meirás é o que relata o libro "Meirás. Un pazo / Un caudillo / Un espolio" de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo.

Organizado por Fuco Buxán e mais pola fundación Galiza Sempre, o acto contará coa presenza dos autores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo

"Meirás" contén a máis minuciosa investigación sobre como o dictador Franco usurpou o pazo de Meirás -tratado como propiedade de Estado ate a súa morte en 1975- e o converteu, expuña Manuel Pérez nunha entrevista, “en centro de poder. Meirás era un lugar ao que acudir se se quería conseguir algo do Estado”.

Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores 28 de novembro ás 19,30 h.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o
mércores día 28 de novembro de 2018 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Xestora
3.- Informe económico da Xunta Xestora
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva


O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:


16 de outubro - Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións
18 de outubro - Último día para Constitución da Mesa Electoral
26 de outubro - Inicio prazo para presentación de Candidaturas
5 de novembro - Último día para presentación de Candidaturas
12 de novembro - Proclamación de Candidaturas
14 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
28 de novembro - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta Directiva


No período da Campaña Electoral (entre os días 14 e 27 de novembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolvela súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,

Asdo.- A Xunta Xestora


Ferrol 11 de outubro de 2018

I Congreso Decrecemento. 6 e 7 de outubro no Ateneo

I Congreso Decrecemento

Ferrol, 6 e 7 de outubro no Ateneo Ferrolán

Info:
 https://rededecrecemento.wordpress.com/
 https://www.facebook.com/rededecrecemento/

Presentación do libro de poemas "AMURAS". Venres 5 de outubro ás 20 h.


Presentación do libro de poemas "AMURAS"
Venres día 5 de outubro ás 20 h.

A autora ferrolá Vita Martínez Vérez, presentará o seu libro "Amuras" no Ateneo acompañada do sociólogo e poeta Xosé Leira

A idea levisiana da alteridade impregna a Amura proposta por Vita Martínez ao longo dos poemas aforísticos que debuxa a súa corporalidade. Desde a identidade que habita e é habitada, ata o corpo a corpo que supón nacer e morrer, pasando pola voz do silencio e a palabra. Se existise un lugar para declinar o pronome, sería este poemario, espido de pretextos e cargado de intencións.

http://vitamartinez.com/

Presentación do libro "Tinta de limón" de Esther Álvarez. Xoves 4 de outubro ás 19,30 h.


        Presentación do libro "Tinta de limón" de Esther Álvarez.
  Xoves día 4 de outubro ás 19,30 h.
         Contaremos na presentación coa autora e con Bernardo Maiz
                                                                     Entrada libre

Fidel Dopico Moldón, membro dunha partida da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia, fala desde a súa sepultura. Xunto a el xacen catro camaradas e un can, asasinados tamén as forzas da represión franquista a madrugada do 9 de novembro de 1946, cando fuxían do campamento da Espenuca, en Betanzos. 

Fidel, consciente do abandono histórico do que os seus compañeiros e el son vítimas, trata de reivindicar desde o foxo os dereitos históricos que merecen quen morreu defendendo a liberdade, amparado nun discurso introspectivo, emotivo e crítico. Obstinado en quebrantar a pena perpetua do esquecemento á que foi sentenciado, albíscase nel a firme determinación de facer chegar o seu testemuño ás xeracións vindeiras para que nada do ocorrido volva suceder.

Presentación novela de Xavier Alcalá "The making of". Luns día 1 de outubro ás 19,30 h.


Presentación da novela de Xavier Alcalá "The making of"
Luns día 1 de outubro ás 19,30 h. no #Ateneo

O vindeiro luns día 1 de outubro ás 19, 30 horas vai ter lugar no Ateneo de Ferrol a presentación da novela de Xavier Alcalá “Making of”, unha nova achega deste prolífero escritor que xa ten editadas obras consideradas clásicos contemporáneos coma por exemplo “A Nosa Cinza”. 
Nesta ocasión Alcalá introdúcenos nunha novela na que aparece un proceso de investigación co gallo de aclarar unha morte na Patagonia e as vicisitudes dun emigrante que fracasa na súa arela, amosando unha situación que na emigración galega na Arxentina foi relativamente frecuente: un fracaso que leva ao seu protagonista a se meter de cheo en todo tipo de violencias e negocios clandestinos.
A editora da obra é “Galaxia” e preséntase en Ferrol baixo o patrocinio do Ateneo e do Club de Prensa: convén lembrar que Xavier Alcalá foi e é un colaborador axiduo na prensa. 
Esperamos contar convosco.

Proxección "Mali Blues". Venres 28 de setembro ás 20 h.


Proxección "Mali Blues"
Venres día 28 de setembro ás 20 h. no Ateneo

Organiza: Sons Revela2  
Entrada libre

Mali Blues


Director Lutz Gregor

Germany / 94 min. / 2016 / Bambara, Arabic, French

Como cantar nun país sen canto.  Mali, berce do  blues do deserto, ve como os  yihadistas vetan a música “ impura”. Ardua faena, acalar o son dos homes: os músicos resístense a pechar a boca e elevan a súa voz; pola harmonía, polo país, pola música.  Mali  Blues móstranos a diversos músicos analizando o exilio, a conciliación ou a ruptura. Todos eles son bardos do infortunio,  versificado con gozo e esperanza. E algunha guitarra eléctrica. Pero non todos ven a situación do mesmo xeito.  Fatoumata  Diawara e Ahmed Ag  Kaedi comparten o seu queixume, discuten temas de xénero (a terrible ablación), insisten en que “a música non ten nada que ver con Deus” e admiten non recoñecer ao seu propio país.  Master  Soumy, co seu combativo rap maliano, enfróntase de maneira directa á prohibición.  Bassekou  Kouyaté, doutra banda, representante dos  griots (músicos que acougan á poboación coa súa arte) avoga polo pragmatismo e o perdón: “non podemos alimentar o odio se queremos vivir da nosa música”. 
Pero todos comparten a mesma meta: unir ás 300 etnias do país na paz.

Related Posts with Thumbnails