Presentación do libro: "Empantanados". Mércores 26 setembro ás 19,30 h.


Presentación do libro: "Empantanados" 

Participan o autor Joan Coscubiela, Víctor Ledo e Jorge Suárez
Presenta Lorena Bustabad.

Mércores 26 de setembro ás 19,30 h. no #Ateneo

Obradoiros do Ateneo. Comezamos outubro 2018


Obradoiros de Artes Escénicas e Plásticas no Ateneo Ferrolán!! 
 Microteatro, Escrita Creativa e Creatividade



Apúntate!!!
Imparte: Maquinarias Teatro

Curso 2018-2019

Proxección "Mali Blues". Venres 28 de setembro ás 20 h.


Proxección "Mali Blues"
Venres día 28 de setembro ás 20 h. no Ateneo

Organiza: Sons Revela2  
Entrada libre

Mali Blues

Director Lutz Gregor
Germany / 94 min. / 2016 / Bambara, Arabic, French

Como cantar nun país sen canto.  Mali, berce do  blues do deserto, ve como os  yihadistas vetan a música “ impura”. Ardua faena, acalar o son dos homes: os músicos resístense a pechar a boca e elevan a súa voz; pola harmonía, polo país, pola música.  Mali  Blues móstranos a diversos músicos analizando o exilio, a conciliación ou a ruptura. Todos eles son bardos do infortunio,  versificado con gozo e esperanza. E algunha guitarra eléctrica. Pero non todos ven a situación do mesmo xeito.  Fatoumata  Diawara e Ahmed Ag  Kaedi comparten o seu queixume, discuten temas de xénero (a terrible ablación), insisten en que “a música non ten nada que ver con Deus” e admiten non recoñecer ao seu propio país.  Master  Soumy, co seu combativo rap maliano, enfróntase de maneira directa á prohibición.  Bassekou  Kouyaté, doutra banda, representante dos  griots (músicos que acougan á poboación coa súa arte) avoga polo pragmatismo e o perdón: “non podemos alimentar o odio se queremos vivir da nosa música”. 
Pero todos comparten a mesma meta: unir ás 300 etnias do país na paz.

Presentación do libro "Mi patria es la gente". Mércores 19 ás 19,30 h.


Mércores día 19 de setembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Presentación do libro que leva por título MI PATRIA ES LA GENTE polo seu autor JULIO RODRÍGUEZ. Neste contexto terá lugar tamén a presentación do nº 42 de Fuco Buxán A Revista.

Entrada libre.

Temos Lotaría de Nadal nº 78516


Temos Lotaría de Nadal
Merca a túa participación e colabora co Ateneo!

Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca. Xullo - Agosto 2018


Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca
Xullo - Agosto 2018
 

Exposición Ilustracións "Mulleres e poesía" de Alicia Louzao. Ate o 30 de setembro 2018

Exposición Ilustracións 
"Mulleres e poesía" de Alicia Louzao

Do 22 de agosto ao 30 de setembro

Inauguración o mércores día 22 de agosto ás 13 h. na sala exposicións do #Ateneo

"Fadas de cidade" é un proxecto da ferrolá Alicia Louzao onde reúne ilustracións realizadas a carboncillo e acuarela e que se basean en heroínas da literatura.

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/239464226761523/

Conferencia: “Historia da pesca do bacallau en Terranova”. Venres 24 de agosto ás 20 h.

CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO

 “Historia da pesca do bacallau en Terranova”

Venres día 24 de agosto ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

“Historia da pesca do bacallau en Terranova”, organizada por AETINAPE e o ATENEO FERROLÁN, do que é autor unha persoa entrañable, Valdemar Aveiro, un capitán portugués que se xubilou ao mando do bou “Coimbra” e que aos seus 84 anos aínda ten a ilusión de recoller a dura vida da pesca do bacallau. É un gran erudito na historia destas pesquerías, con sete libros publicados pola editorial Áncora. É unha persoa culta, empática profesional, cunha gran dignidade, o que lle fixo colleitar importantes e profundas amizades con moitos profesionais galegos e bascos que tamén formaban parte desta flota.

Non esaxeramos se logo de coñecer a súa obra e manter varias conversas con el, recoñecemos que estamos probablemente ante unha das persoas con maiores coñecementos históricos da pesca do bacallau, que el manexa a través de datos históricos desde o século VIII.Cabe lembrar a gran importancia do porto de Ferrol nas épocas douradas do bacallau, xa que a PYSBE (unha das grandes empresas pesqueiras da época) tiña aquí una das súas factorías máis importantes e parte da súa frota operaba desde Ferrol, que coa Coruña, Vigo e Pasaxes, foi un dos portos e comarcas de referencia.

No evento, participará tamén o editor Antonio Baptista Lópes, así como o cantautor Manolo Bacallao, que foi tripulante nos caladoiros de Terranova.

A entrada é libre.

Evento no noso facebook:  https://www.facebook.com/events/429145084273133/

Nova en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/08/23/ferrolterra-foi-potencia-bacallao/0003_201808F23C8993.htm

Related Posts with Thumbnails