Apresentação I Congresso de Decrescimento. Luns 11 de decembro ás 20 h.

Apresentação I Congresso de Decrescimento

Luns 11 de decembro ás 20 h. no #Ateneo


Regulamento.


Introdución: Por que o Decrecemento? E por que no Eo-Navia, Galiza e O Bierzo?


Organización e autoxestión.


Sociedade, valores e eco-feminismo.


Medio ambiente.


Saúde.


Enerxía e transporte en Galiza: razóns para o decrecemento.


Educación.


Alimentación, consumo e economía de proximidade.


Medios de comunicación e cultura.

Exposición Venta "regalArte-Colectiva" . Ate o 4 de xaneiro de 2018.


Exposición Venta "regalArteColectiva" do #Ateneo

ate o 4 de xaneiro de 2018 na salas de exposicións do Ateneo (sala 1)


Agasalla obras dos artistas solidarios (entre outr@s) co Ateneo



Angeles Jorreto, Antón Sobral, Ánxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmela Cagiao Vidal, Carmen Martín Serantes, Carolina Martínez, Delio Sánchez, Eduardo Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fernando Maceira, Inma Doval, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Mª Luisa Rojo-Novais Grandío, María Leal, María Piensos, María Vilanova, Pedro Perico, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Teresa Candal, Victor Rey Grande



IV Xornadas de Documentación 
«Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias»

Os medios de comunicación social nas IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Ferrol, 23 de novembro de 2017.— O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 14 e o venres 15 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as IV Xornadas de Documentación «Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación supor un cambio no paradigma comunicativo, configurando un novo sistema de información dos medios convencionais ao incorporar unha nova interacción coa sociedade, unhas novas redes sociais.
A presente voracidade informativa evidencia a importancia do manexo, directa ou indirectamente, das técnicas documentais, e son os profesionais que, grazas a súa formación e as habilidades adquiridas na praxe laboral, fan fronte ao vórtice informativo demandado polas masas.
Polo tanto, achegar á cidadanía a realidade cotiá do traballo das institucións e profesionais dos medios de comunicación social, constitúe a finalidade das IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán.

Presentación das xornadas polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

O xornalista e director fundacional do Diario de Ferrol Germán Castro Tomé, impartirá a conferencia inaugural baixo o título “Da información de boa fe ao xornalismo documentado”.

Pola súa banda, Marta Corral, xornalista de Ferrol360, disertará sobre o novo xornalismo dixital no eido local.

Para rematar o primeiro día das xornadas, José Pardo Vázquez, fotógrafo, centrará o seu relatorio nas súa experiencia profesional: “Do fotoxornalismo local á fotografía arqueolóxica en Palestina”

Ao día seguinte, a comunicadora da Radio COPE Ferrol, Ada Romero Sixto, abordará “A radio como medio de comunicación social. 50 anos de COPE Ferrol”.

A continuación, Xoán Porto, documentalista, “Memoria e arquivo nos medios sociais”, sobre a crecente importancia de xestionar a información persoal que compartimos de forma pública nas redes sociais centralizadas pertencentes a corporacións privadas como Google, Facebook ou Twitter

Carmen Rial, Arquiveira do Estado, pechará as xornadas cunha charla sobre a visión non oficial da arquivística e os arquivos militares en Twitter.


As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan as distintas institucións e profesinais no ámbito da arquivística, a biblioteconomía e a documentación.

Máis información


 Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org

Temos á venta o libro "100 anos Escuela Obrera"




A venta no #AteneoFerrolán o libro “100 anos Escuela Obrera” 
PVP:15 €
¡O Ateneo coa historia de #Ferrol!

Agasalla cultura ferrolá!


“GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire”. Xoves 30 de Novembro ás 19,30 h.


O libro de feitura colectiva “GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire” presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 30 de Novembro ás 19,30 h.

Club de Prensa de Ferrol comprácese en presentar o libro “GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquin Campo Freire”, que terá lugar o xoves día 30 de Novembro as 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.

Xaquín Campo Freire, nado na terra Chá de Lugo, é un crego que ten desenvolvido en Ferrolterra una labor destacada nos eidos relixioso, social e cultural a quen un grupo de amigos baixo o nome “Ganduxando Vidas”, e con motivo do seu 8º aniversario rendeu unha fermosa homenaxe en forma de libro plural e colectivo. Nel ao través de 191 olladas dende diferentes lugares e condicións, achégasenos a figura humana , relixiosa, e cultural de Xaquín Campo Freire.

Acompañando a Campo Freire, no #AteneoFerrolán estarán Nieves Espiñeira, Carmen Solloso , Xoán Rubia Alejos e Julia Díaz Sixto

Colaboran neste acto: Asoc C. Xermolos; Irmande Manuel María, Ateneo Ferrolán e Club de Prensa de Ferrol.

Exposición Óleos "Sentimentos" de Chechela. Venres día 1 ás 19,30 h.



Exposición Óleos "Sentimentos" de Chechela 
do 1 ao 31 de decembro de 2017

Inauguración o venres día 1 de decembro ás 19,30 h.



Presentación libro de fotografías "VIDAS" de Gabriel Tizón. Mércores 29 ás 20 h.



O mércores día 29 de novembro ás 20 h. no #AteneoFerrolán.

 Gabriel Tizon presenta o seu novo libro de fotografías "VIDAS" 

Presentado por Xaquín Marín

He intentado resumir el trabajo realizado a lo largo de toda mi vida, con una selección de fotografías que considero que son sentimientos convertidos en imágenes de encuentros con miles de personas y lugares. "Vidas" en papel de cientos de personas fotografiadas desde la admiración, recuerdos convertidos en una especie de "foto de mi vida". Un resumen de aquello que me enseña diariamente la fotografía: "Fotografiar como pienso, no como veo".

XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.



Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.



E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/124500624881854/


Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)

correo electrónico: secretaria@ateneoferrolan.org

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Related Posts with Thumbnails