Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira. Do 10 ao 31 de xaneiro.


Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira
Do 10 ao 31 de xaneiro 2018 no #AteneoFerrolán

Inauguración mércores día 10 ás 20 h. 


Pablo Ferreiro Coira nado en Ferrol en 1979 estudou media carreira da diplomatura de empresariais na USC (Lugo) e outra media carreira da diplomatura de relacións laborais na UDC (Ferrol), posúe varios títulos doutras ramas, especialmente no mundo da música por exemplo o de técnico de gravación e traballou dous anos na SGAE como representante de Ferrol e comarca. No mundo da fotografía iniciou estudos nun FP de revelado fotográfico pero a causas dunha enfermidade viuse obrigado a deixala tras uns meses con boas notas. A pertencido seis meses ao Grupo de Fotografía Bazán, traballou como promotor da casa de fotos Olympus na Coruña no 2010 e esta é a súa segunda exposición en papel. 

Realizou no portal/editorial e medio de comunicación www.ratondebiblioteca.es e o seu blogue www.estadepinga.es 34 exposicións de diverso tipo de forma online con miles de visitantes ademais de ser o fundador e director do mesmo desde o 2007 ata hoxe. Actualmente está a realizar un curso no Cifem de técnico superior de Photoshop CS6.
Para máis información déixovos esta ligazón: http://www.ratondebiblioteca.es/fotografiash18. php A exposición é inédita e titúlase "Vivo en la carretera" lema de "Miguel Ríos" sendo unha selección propia de fotos dos máis de 100 concertos cubertos polo portal/editorial e medio de comunicación. Foron concretamente os Festivais máis importantes do Norte da provincia da Coruña no 2012 como o "Festival Celta de Ortigueira", "Festival 13 Muertes" de Ferrol, 
"Brincadeira festival" e "Rock en Cambre", " Beira Rock" en Mugardos e "As festas de Ferrol 2012". Son fotografías individualistas que pretenden achegar os artistas á vista do público onde eles non chegan xa que se realizaron no foso dos escenarios con obxectivos telex. Dentro delas están grupos de Alemaña ou o propio cantante de " Herdeiros dá Cruz".

"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro. Xoves día 4 de xaneiro ás 20 h.

"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro 
o xoves día 4 de xaneiro de 2018 no #AteneoFerrolán
Entrada: 5 euros + libro de regalo

FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Julio Fernández Peláez
Con: Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto
Axudante dirección e Movemento: Eva Alfonso González
Iluminación: Raquel Hernández / Pedro Fresneda
Espazo escénico: Montse Piñeiro e Julio Fernández

Sinopse: Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e coma nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dous cascallos.


O enlace ao video completo en youtube é:
https://youtu.be/M6HOZbRniV4

Exposición Colectiva Afouzarte Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018


Exposición Colectiva Afouzarte
Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018

Afouzarte, a partir do 15 de decembro no Ateneo Ferrolán.
Verónica Fachal, Aida López e Samuel González levan a cabo a exposición Afouzarte, que contará coa participación de distintos colectivos como ASPERGA. O vindeiro día 15 de decembro a partir das 20:00 terá lugar a inauguración de Afouzarte nunha das salas de exposicións do Ateneo Ferrolán. 
Afouzarte, é dicir, dispoñer o espírito que nos leva a actuar sen temor ós perigos ou dificultades, facendo referencia á seguridade que alguén ten en mesmo, é un proxecto que pretende integrar a diferentes persoas ou colectivos no mundo da arte, sen ningún tipo de discriminación.

Comporase dun total de 40 pezas de arte abstracta realizadas por alumnos do CPI Castro Baxoi (Miño), o EEI Fernández Varela (Pobra do Caramiñal), ASPERGA e a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. 

Confrontaranse obras de diferentes colectivos xeralmente afastados do mundo artístico xunto con pezas de futuros licenciados en Belas Artes, empregando a arte abstracta como medio de expresión, chegando a converter o proceso pictórico en arte-terapia. Afouzarte enlazará tódalas pezas na sala de exposicións sen ficha técnica, de xeito que o espectador debe intuir o/a autor/a de cada unha das pinturas.


A inauguración contará coa presenza do comisariado da exposición, formado por Verónica Fachal Vázquez, Aida López Fernández e Samuel González Soliño (alumnos da facultade de Belas Artes), e os directores dos centros participantes no evento. 

A exposición terá lugar ata o 12 de xaneiro de 2018.



Coma SEMPRE .... Feliz 2018


O Ateneo Ferrolán deséxavos un #Feliz2018

Memoria de Actividades ano 2017 do Ateneo Ferrolán


Memoria de Actividades ano 2017

Ateneo Ferrolán

AUDIOVISUAIS

  • Martes de Cine – Ciclos Todo o ano.
  • Presentacion Audiovisual “Sorpresa en las oposiciones- 13 de xaneiro
  • Ciclo Documentários Lusófonos. EOI Ferrol – Febreiro e marzo
  • IV Mostra de Documentais en Galego” - 23 marzo
  • Documental”Deportado 4443” - 24 de maio
  • XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES. 20, 21 e 22 de decembro
BIBLIOTECA / HEMEROTECA

Dende o ano 1989 está considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”. E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa BibliotecaHemeroteca, sendo a única Hemeroteca de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.
  • IV Xornadas Documentación Ateneo Ferrolán. 14 e 15 de decembro 2017

CHARLAS / CONFERENCIAS / DEBATES

  • Charla: Foro Galego de Inmigración - 9 xaneiro
  • Mesa Redonda: Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar” - 23 xaneiro
  • Charla “Querela Arxentina. Unha fenda á impunidade franquista” – 24 de xaneiro
  • Charla informativa: “Cláusulas suelo” - 30 de xaneiro
    Conferencia de Luis Villares – 2 de febreiro
  • Conferencia: “Ten futuro a teoloxía da liberación?” por Juan José Tamayo – 10 de febreiro
  • Día de Rosalía – 24 de febreiro
  • X Semana de Poesia Salvaxe – abril
  • Actos “25 de abril” - 25 de abril
  • Actos “Letras Galegas” - 16 de maio.
  • Charla de Argemino Barros sobre: "La actualidad política de Estados Unidos" – 17 agosto
  • Charla “Acoso Escolar” - 4 outubro
  • Xornadas AGAMME
CONCERTOS / MUSICA EN DIRECTO
  • Sesións Vermú do Ateneo. Musica en directo con grupos locais (sábados)
  • Noites do Ateneo. Música en directo con grupos locais (venres)
  • Presentación “Bestiario do vestiario” de Martiño Suárez + Concerto “GRAMPODER” - 27 de xaneiro.
  • Sesión Vermú en colaboración con Radio Filispim – 13 abril
  • Concerto “Tu otra bonita” e “Club del río” - 29 de abril
  • Presentación Disco de Javi Mandango – 8 setembro
EXPOSICIÓNS
  • 3 exposicions 40 aniversario da refundacion do Ateneo (todo o ano)
  • Fotografias Pablo Prados - xaneiro
  • Fotografias Serie “Ferrol Molla” de Oscar Millarengo - xaneiro
  • Exposición Fotográfica Proxecto “Hazme Visible” - xaneiro
  • Pinturas de Sol Lamas – febreiro – marzo – abril
  • Exposición “A miúdo é xente. Retratos recortables” de Paula Iglesias – abril-maio
  • Exposición Fotográfica “Nocturnalia” de Alberte Couto - Maio
  • Exposición Fotográfica Natureza “WILD” - xuño
  • Exposición Fotográfica “Ferrol&Rock en foco” - xuño – xullo- agosto
  • Exposición Fotográfica Nerea Corral López – Outubro
  • Exposición Fotos Esperanza Vázquez Dopico – Outubro
  • Exposicion Numismatica – Selos e moedas – Do 1 ao 10 de novembro
  • Pinturas de Montse Pernas – Novembro
  • Exposicion Fotorafica “Galicia en foco”. Do 11 ao 30 de novembro
  • Exposicion pinturas “Sentimentos”de Chechela – Decembro
  • Exposicion “AfouzArte”- Decembro
  • Exposicion “regalArte-Colectiva”
  • A exposición de AGAMME Plántalle cara ao abuso sexual. Rompamos o silencio”
PRESENTACIÓNS LIBROS / REVISTAS
  • Recital poesía - xaneiro
  • Presentacion libro “Amada García” – 26 xaneiro
  • Presentación libro “Novas do exterior” – 9 febreiro
  • Presentación publicación “Actas do Congreso Hildegart” – 8 marzo
  • Presentación libro “Columna Sanfins” - 22 marzo
  • Presentación libro: “Años de guerra y revolución. Memorias de Antonio Seoane Vázquez – 21 abril
  • Presentación libro: “7 días, 7 ciudades” - 28 abril
  • Presentación libro “Partes de ti” de Edu Pereira – 5 maio
  • Presentación libro de Branca Vilela – 7 setembro
  • Presentación libro “Le Temps des cerises” de Angel Cardin – 15 setembro
  • Presentación libro de Fran Nieto – 20 outubro

TALLERES / OBRADOIROS / CURSOS/TEATRO

  • Curso Fotografía Photosohp. Imparte: Fran Nieto – Xaneiro, Febreio e Marzo
  • Proxecto “Hazme Visible” - Xaneiro
  • Representación Teatral “Títeres desde abajo” - 27 abril
  • Ensaio Roteiro “Carvalho Calero” - Setembro e Outubro
  • Quico Cadaval (Contacontos) – 15 novembro
VARIOS

Club de Lectura do Ateneo. Imparte: Anxeles Seoane. Anual todos os primeiros martes do mes

CIRPÉN – Círculo de Pensamento Filosófico

Anual todos os primeiros mércores do mes

FERROLUNA – Colectivo Dramaturgo-Teatral

O Ateneo en ruta ...” - Actividade rutas culturais. Todo o ano.

REUNIÓNS COLECTIVOS / ASEMBLEAS

- Memoria Histórica Democrática
- Plataforma polo Dereito ao Aborto Libre e Gratuíto
- EU-IU
- ANOVA
- Marchas da Dignidade
- Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol
- Ferrol en Común
- ACOF – Centro Comercial Aberto “A Magdalena”
- GADISA
- Mercado de “A Magdalena”
- PSOE
- Marcha Mundial das Mulleres
- Asociación Fuco Buxán
- PODEMOS
- Asociación Cultural Personal Civil Administración.
- Club de Prensa
- Grupo Poesía/Teatro
- Asociación ACOUGA
- ACNUR
- Plataforma SARGADELOS
- ADICAE
- Locais Ensaio
- Asociación Conxeito
- Colectivo ACAMPA
- ACAE
- Foro Galego de Inmigración
- AGAMME

Exposición Venta "regalArte-Colectiva" . Ate o 4 de xaneiro de 2018.


Exposición Venta "regalArteColectiva" do #Ateneo

ate o 4 de xaneiro de 2018 na salas de exposicións do Ateneo (sala 1)


Agasalla obras dos artistas solidarios (entre outr@s) co Ateneo



Angeles Jorreto, Antón Sobral, Ánxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, Carmela Cagiao Vidal, Carmen Martín Serantes, Carolina Martínez, Delio Sánchez, Eduardo Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fernando Maceira, Inma Doval, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Mª Luisa Rojo-Novais Grandío, María Leal, María Piensos, María Vilanova, Pedro Perico, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Teresa Candal, Victor Rey Grande

XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.



Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.



Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.



O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.



PROGRAMA XVII MOSTRA DE CURTAS DO ATENEO FERROLÁN 2017



Xornada 1 - Mércores 20 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 10 m aproximadamente)

MANDARINAS (4'09'') de Beatriz M. Tabasco
FUMANDO ESPERO (14') de jJ. A. Blanco.
PASATEMPS (8'22'') de Ferrán Bex.
LA MADRINA (9'30'') de Pedro Sancho
HUELLAS (13') de Rubén de Marina.
BASURA (5') de Juan Silva
MAELSTRON (3') de Carlos Gómez Trigo.
CIRILO (13'10'') de Rubén Saínz

Xornada 2 - Xoves 21 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 13m aproximadamente)

LA MUJER DEL ESPEJO (3'40'') de María Barragán.
SONRÍE (3'30'') de Pablo Vara.
PIGMALIÓN (5'15'') de Enrique Bernal.
LA LECCIÓN (13') de Hugo Gómez
DEFUNCIONARIO (17'22'') de Wiro Berriatúa
3 GRAMOS DE FE (14'35'') de José A. Campos
TOC TOC (17') de Daniel Veira

Xornada 3 - Venres 22 de decembro 19.00 horas
(Duración total da sesión 1h 12m aproximadamente)

MATERIA PRIMA (3'46'') de Natalia Porca
O CARTAZ (3'25'') de Andrés Castro
PLACIDEZ (16') de Luis Miranda
TOMASITO (12') de Ignacio F. Rodó
FRAMED (11') de Mario Pinzón
UN MINUTITO (8') de Javier Macipe
COMA Y BEBA (14') de Jaime Figueroa
(DES)FRAGMENTACIÓN (3'32'') de Luis Miranda




E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/124500624881854/

 



Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 - Ferrol (Galiza)

correo electrónico: secretaria@ateneoferrolan.org

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Related Posts with Thumbnails