Charla: "Estaleiros de futuro. Comarca con futuro". Venres 26 de maio ás 19 h.


Charla: "Estaleiros de futuro. Comarca con futuro"

O venres día 26 de maio ás 19 h. no salón de actos do #Ateneo

Participarán:

Yolanda Díaz (Deputada de En Marea) e Javier Galán (Esquerda Unida)

Entrada libre.

Exposición Fotográfica de Paula Iglesias. Do 10 de abril ao 31 de maio.


Exposición Fotográfica de Paula Iglesias

"A miúdo é xente. Retratos recortables"

Inauguración luns día 10 de abril ás 20 h.

Entrada libre 

Do 10 de abril ao 31 de maio nas salas de exposicións do #Ateneo (1ª planta)

Máis info: http://paulaiglesiasfoto.com/

Exposición de fotografías de Alberte Couto "Nocturnalia". Do 4 ao 31 de maio.



Exposición de fotografías de Alberte Couto "Nocturnalia"


Do 4 ao 31 de maio de 2017 
nas salas de exposicións do #AteneoFerrolán

Máis info: 
https://www.facebook.com/Alberte-CoutoFotograf%C3%ADa-258563870852584/

Presentación Documental "Deportado 4443". Mércores 24 ás 19,30 h.



O Club de Prensa de Ferrol presentará o mércores día 24 de maio no Ateneo Ferrolán ás 19:30 h., o documental «Deportado 4443», impulsado polo xornalista Carlos Hernández. O periodista, cunha dilatada traxectoria en medios e no ámbito da comunicación política, é tamén autor do libro que derivou neste traballo audiovisual.
Trátase dun documento a modo de «testemuña dos máis de 9.000 presos españois que estiveron nos campos de concentración nazis». O tío de Hernández foi o «deportado 4443» durante máis de catro anos no de Mauthausen e convértese agora no inicio para a historia que relata o documental.

Participarán na charla: Carlos Hernández e Daniel Rocha.

Entrada libre.



Sesión Vermú do Ateneo. Sábado día 20 de maio a partir das 12 da mañá


Sesión Vermú do Ateneo a partir das 12 da mañá


O sábado día 20 de maio faremos unha Sesión Vermú acompañad@s por Fefi, letras, cancións, poesía ... para enchernos de ledicia entre amig@s.

Estades convidad@s a participar.


Vos esperamos a tod@s!!!


#maio #letras #poesía #música 

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559368097415475/

Xornada do Día das Letras Galegas e Carlos Casares. Xoves 18 de maio ás 19 h.

Xornada do Día das Letras Galegas e Carlos Casares
xoves 18 de maio ás 19 h. 
no Ateneo Ferrolán celebraremos o Día das Letras Galegas
Haberá lectura de textos de Carlos Casares: Tino Martínez, Anxeles Seoane, Carmen Ladra, e visualización do power point "As nosas letras con Carlos Casares" realizado por Aurora Varela e Rosa Martínez que contarán un pouco sobre a historia das Letras Galegas e de Casares.
Entrada de balde.

Master Class con Cabe García. Venres 12 maio ás 18 h.


Venres 12 de maio ás 18 h. no #AteneoFerrolán

Ensaio Ferrol organizan no Ateneo Ferrolán unha Master Class a cargo do guitarrista local Cabe García, cunha gran experiencia e cunha técnica peculiar, impartirá este obradoiro formativo ensinando o seu amplio repertorio de trucos e técnicas de "supervivencia" guitarreira. 

Entrada de balde para todo o público!!! 

Traede a guitarra!!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1899871750268566/

Presentación do libro "IBEX 35". Xoves 4 de maio ás 19,30 h.


O xoves 4 de maio ás 19:30 h. no #AteneoFerrolán terá lugar, dentro do ciclo organizado pola AC Fuco Buxán "Democracia e Compromiso", a presentación do libro "IBEX 35" .

Unha historia herética do poder en España polo seu autor RUBÉN JUSTE.



Related Posts with Thumbnails