CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO. Venres 24 de agosto ás 20 h.

CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO

 “Historia da pesca do bacallau en Terranova”

Venres día 24 de agosto ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

“Historia da pesca do bacallau en Terranova”, organizada por AETINAPE e o ATENEO FERROLÁN, do que é autor unha persoa entrañable, Valdemar Aveiro, un capitán portugués que se xubilou ao mando do bou “Coimbra” e que aos seus 84 anos aínda ten a ilusión de recoller a dura vida da pesca do bacallau. É un gran erudito na historia destas pesquerías, con sete libros publicados pola editorial Áncora. É unha persoa culta, empática profesional, cunha gran dignidade, o que lle fixo colleitar importantes e profundas amizades con moitos profesionais galegos e bascos que tamén formaban parte desta flota.

Non esaxeramos se logo de coñecer a súa obra e manter varias conversas con el, recoñecemos que estamos probablemente ante unha das persoas con maiores coñecementos históricos da pesca do bacallau, que el manexa a través de datos históricos desde o século VIII.Cabe lembrar a gran importancia do porto de Ferrol nas épocas douradas do bacallau, xa que a PYSBE (unha das grandes empresas pesqueiras da época) tiña aquí una das súas factorías máis importantes e parte da súa frota operaba desde Ferrol, que coa Coruña, Vigo e Pasaxes, foi un dos portos e comarcas de referencia.

No evento, participará tamén o editor Antonio Baptista Lópes, así como o cantautor Manolo Bacallao, que foi tripulante nos caladoiros de Terranova.

A entrada é libre

O Concello de Ferrol aproba a cesión da sede do Ateneo

Edificio Ateneo Ferrolán (Foto de Xoán Porto)

Ferrol, 18 xuño de 2018
O pleno extraordinario do Concello de Ferrol celebrado na mañá deste luns 18 de xuño, aprobou oficializar a cesión de uso do edificio completo sito no número 202-204 da rúa Magdalena ao Ateneo Ferrolán, para regularizar e estabilizar a situación dunha entidade emblemática, singular e senlleira da nosa cidade e referente para toda unha comarca que leva anos batallando por ser un referente cultural alternativo e independente.
A proposta de cesión, que defendía no pleno o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, foi aprobada cos votos favorables do Goberno de Ferrol, xunto ao grupo municipal do PSOE. En total, 10 votos a favor e 14 abstencións (as de PP, BNG, e a edila non adscrita). “O Ateneo deu mostras da súa xenerosidade con todas as entidades, é un referente a nivel galego con moita historia e foron castigados”, lembraba hoxe o concelleiro.

Temos que lembrar que este edificio xa era a sede do Ateneo Ferrolán dende o ano 1986. 
Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa importante colaboración do Concello, do M.O.P.U. e de Caixa Galicia en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762) trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca no mes de maio de 2018


Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca no mes de maio de 2018

Presentación da novela: "Invisible" de Carolina Pernas Sueiras. Mércores 6 de xuño ás 20 h.

Presentación da novela: "Invisible" de Carolina Pernas Sueiras
Mércores día 6 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Intervirán no acto: Nico Vidal (periodista), Miguel Toval (editor) e a autora do libro Carolina Pernas
Organiza: Edicións Embora

Unha muller gris, anodina, esquecida e que sente invisible decidiu finalmente facerse notar. E estallo tomando moi en serio. Ao final do camiño está o suicidio, pero antes ten contas que saldar, “amigos” cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.




Conferencia e proxección audiovisual:
"Facendo Historia: Arqueoloxía galega en terras de Palestina"

Falarán: 

Juan Luis Montero (Universidade da Coruña) 
José Pardo (La Voz de Galicia)


Martes 5 de xuño de 2018 ás 19,30 h.

Coa colaboración da Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Xoves 21 de xuño ás 19,30 h.




Ferrol 31 de maio de 2018


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o xoves día 21 de xuño de 2018 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, co seguinte


ORDE DO DÍA


1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Xestora
3.- Informe económico da Xunta Xestora
4.- Revocación ou renovación da Xunta Xestora
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, sempre imprescindible, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- Xunta Xestora














Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez. Mércores 30 de maio ás 20 h.



Proxección Curtametraxe "3" de José Antonio Jiménez


O mércores día 30 de maio ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Curtametraxe "3" escrita e dirixida por José Antonio Jiménez


Reparto: 
Iria Lamas, Miguel Abalo, Covadonga Berdiñas e José Leis


Sinopse: 
Ela pregúntase, ¿canto dura o amor?. 
Pero sabe que só desligándose emotivamente poderá avanzar.


Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano" de Víctor Sampedro. Venres 25 de maio ás 19,30 h.



Presentación Libro "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano"
de Víctor Sampedro

Venres día 25 de maio ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

Organiza: Fuco Buxán

La dieta informativa

La peor manera de conectarse a los demás, explica Sampedro, es hiperconectarse a las redes. Del mismo modo, comentamos que el mejor modo de mantenernos en la desinformación es atiborrarnos a todas horas de lo que parecen noticias. La información era, como la comida, un bien escaso, y los periodistas se esforzaban por encontrarla y ofrecer cuanta más, mejor. 

Nuestra misión hoy es la contraria: seleccionar, filtrar y verificarla para ayudar al ciudadano a distinguir entre los ecos –a menudo interesados, narcisistas, banales o simplemente falsos– y las voces que merecen ser atendidas. Pero la mejor manera de frenar las mentiras en la red es dar contexto, es decir educar, mejorar la formación que permite descubrirlas.

Related Posts with Thumbnails