Biblioteca - Hemeroteca "Angeles Alvariño"

Dende o ano 2012 a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán leva o nome da investigadora ferrolá Angeles Alvariño  zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. 


HISTORIA 

Dende o ano 2008 está considerada Biblioteca de Titularidade Privada de Especial Interese para Galicia” e, dende o ano 1996, (Orde do 21.10.1996) está integrada na “Rede de Bibliotecas de Galicia”.

Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado. Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.

O Ateneo Ferrolán é unha institución sen ánimo de lucro de carácter cultural que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida toda as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.

 
A BIBLIOTECA
 
Esta Biblioteca – Hemeroteca é de libre acceso e está composta, na actualidade, por uns 15.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. Podería denominarse unha biblioteca especializada en fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca. Todos estes fondos son de libre acceso e poden ser consultados a través do OPAC en internet.

A súa vez, a biblioteca conta con fondos máis universais e seccións temáticas propias duna
biblioteca de tipoloxía xeral, as cales incorporamos outras como:
 
  • unha sección bibliográfica dedicada á muller,
  • unha importante colección de cartaces, principalmente locaL,
  • sección de literatura infantil e xuvenil,
  •  fondo audivisual e sonoro,
  •  fondo local e antigo.


 
Os servizos que presta a biblioteca do Ateneo Ferrolán xorden da necesidade de cubrir necesidades informativas e de ocio indispensábel, ademais de para os seus socios e actividades, para a comunidade en xeral:
 
  • Información bibliográfica e de referencia.
  • Servizo personalizado e de atención ao público.
  • Lectura e consulta de fondos. A sala da biblioteca–hemeroteca do Ateneo Ferrolán dispón de máis de 220 m2 útiles, ampliados recentemente grazas as obras de rehabilitación que duplicou o espazo bibliotecario.
  • Lectura e impresión de Microfilmes e Microformas: Aínda que dito soporte estase a dixitalizar, a hemeroteca contan cun lector axeitado para poder visionar este tipo de material.
  • Servizo de Reprografía: O Ateneo conta con solucións para a copia impresa de documentos, (escaneo, impresión e fotocopia).
  • Acceso aos fondos dixitalizados e OPAC: Acceso e visionado remoto ao catálogo bibliográfico da biblioteca – hemeroteca e aos fondos dixitalizados coa posibilidade da súa descarga.
  • Acceso a internet: Existen posto de consulta e acceso a internet e wifi libre.
  • Servizo Público Bibliotecario: +4000 horas anuais. 


A HEMEROTECA

O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente, dun xeito gratuíto e público, dende o ano 1983 o seu servizo de hemeroteca, sendo unha das máis importantes de Galicia e a única hemeroteca de Ferrol e comarca, tendo que desprazarse ata Coruña ou Santiago para opter a mesmo servizo hemerográfico.


Na actualidade conta con, aproximadamente, 813 cabeceiras. Divididas en revistas e prensa diaria, tanto en coleccións pechadas como abertas, prensa de ámbito internacional e nacional pero, desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.


Os fondos increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, xa que a diario recíbense, principalmente prensa de carácter local e rexional (“La Voz de Galicia”, “Diario de Ferrol” ou “NOSGalicia”).


Cabe destacar que, na hemeroteca do Ateneo Ferrolán, consérvanse exemplares únicos do século XIX dos cales podemos destacar, entre outros:

“El Obrero”, 1932 – 1936
“El Radical”, 1935
“La Democracia”, 1891
“Diario Ferrolano”, 1904 – 1913
“Faro de Ferrol”, 1914
“El Eco Ferrolano”, 1866
“Galicia”, 1885
“La Lucha”, 1920
“IR” (Principios do século XX)
“El Kardeciano” (Ferrol, 1936)
“El Practicante Galaico” (Ferrol, 1927– 1929)
“El Chicote (Ferrol, 1884)
“Diario del Ferrol y su departamento” (1884)
“La Voz de la CONS”
“Fuero”
“Boletín del Círculo de Maquinistas de la Armada”(1874 – 1930). Prensa decana da
provincia de A Coruña.
 
Suliñar, dentro da prensa local, que a Biblioteca – Hemeroteca do Ateneo Ferrolán atesoura a colección completa e única do “FERROL DIARIO” e “EL NORTE”, inmersa neste intres, nun proceso de dixitalización para a súa mellor conservación e difusión.
 
Por outra banda, a hemeroteca, tamén conserva unha das poucas copias de “La Voz de Galicia” e da edición local de Ferrol dende os seus comezos, al igual que do “El Correo Gallego”, “A Nosa Terra” (no 2010 deixou de editarse), “El Ideal Gallego”, Diario de Ferrol e outras publicacións de interese como son:
 
El Ideal Gallego”, encadernado, desde 1977 – “O Correo Galego” – “El Mundo Obrero” – “Galicia Hoxe” – “La Ilustración" (1851) – “La primera enseñanza” (Ferrol, 1862 – 1863) – “El eco de Galicia. Diario de la mañana” (A Coruña, 1907) – “Maruxa” (Ferrol, 1925, nº1) – “Hoja oficial del lunes al servicio de España” – “Hoja oficial del lunes” – “Revista del autoaeroclub de Galicia” (A Coruña, 1931) – “La Región” (Ourense, 1940) – “El Pueblo Gallego” (Vigo, 1930) – “Acción agraria” (Santa Marta de Ortigueira, 1922) – “La verdad. Periódico librepensador” (Ferrol, 1899, nº3) – “El pensamiento de Galicia” (Ferrol, 1865) – “Las provincias gallegas. Revista de ciencias, artes y literatura” (Ferrol, 1887, nº1) – “Boletín del círculo de maquinistas de la Armada” (Ferrol, 1872 – 1930) – “Acción coruñera” (1921) – “La verdad al servicio de España” (1938) – “Ferrol deportivo” (1920) – “Nueva Cedeira” (1930) – “Revista gallega. Semanario de literatura e intereses regionales” (1899) – “Galicia moderna. Revista quincenal ilustrada” – “El látigo. Semanario satírico" (Ferrol, 1899) – “Diario del Ferrol. Periódico de intereses materiales, noticias y anuncios” (1874) – “El trampolín” (1899) – “La trampolina. Periódico satírico” (1899) – “El brigantino. Diario de intereses morales y materiales” (1866) – “El detallista. Órgano de la sociedad Unión de Industriales del Ferrol” (1929, nº1) – “Boletín oficial extraordinario. Junta revolucionaria” (1868) – “Sociedad de torneros y manipuladores de herramientas mecánicas” (Ferrol, 1923) ...
 
 
O ARQUIVO FOTOGRÁFICO

O Ateneo Ferrolán conta cunha importante colección de documentación gráfica. Neste fondo destacan as coleccións fotográficas relacionadas con:
 
  • Construcción naval: Álbums da Sociedad Española de Construcción Naval, Astano e buques fabricados na factoría de Ferrol.
  • Colección de fotografías do fondo Angel Luaces, de temática naval (fotografías do Xeneral Franco, buques de guerra, etc.).
  • Actos protocolarios e das actividades do Ateneo Ferrolán.
  • Sociedade ferrolá de finais do século XIX e principios do século XX (coleccións de Rodrigo Ramós Ardá e Jaime López)
  • Outras temáticas de interese local.

Como non podía ser doutra maneira as novas tecnoloxías han revolucionado o concepto radicional de “arquivo fotográfico”, de este xeito, a colección fotográfica non é unha excepción e segue as premisas na aposta dixital do Ateneo Ferrolán. Na actualidade atópanse dixitalizadas 1400 fotografías.

 
 A FILMOTECA

A filmoteca do Ateneo Ferrolán acumula na actualidade máis de 3.000 títulos entre longametraxes, curtametraxes, documentais, música e produción propia (conferencias, actividades,...). Cabe destacar a colección de curtametraxes, que supoñen case a metade dos fondos.


Aínda que ten un carácter xeral, a principal misión da filmoteca do Ateneo é recuperar e promover o cine galego e menos comercial, para iso, cada ano, celébrase unha mostra de curtametraxes dedicado, principalmente, á fala galega (Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolá)


OUTROS FONDOS

A difusión multidisciplinar que fai o Ateneo Ferrolán da cultura, orixina que nel se conserven multitude de representacións artísticas, dando como resultado un rico e variopinto acervo cultural aberto a cidadanía.


Nel atopamos dende cadros, esculturas, tapices, carteis .... ata valiosos restos arqueolóxicos e o máis que importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como as súas gravacións presentadas ao longo dos 20 anos do noso Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”.


O FONDO ANTIGO

A Biblioteca - Hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta cun fondo antigo significativo, non so polo material bibliográfico propio do Ateneo dende a súa creación no 1879 (reglamentos, actas, anuarios...) senón que, ao longo do tempo, incorporáronse obras bibliográficas de gran importancia como as seguintes monografías:

  • Polémica sobre espiritismo. Discusión de las principales tesis espiritistas, habida en las cinco primeras sesiones del Ateneo Ferrolano (27 julio a 24 agosto 1931).
  • Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Ferrol / José Montero y Aróstegui. – Ferrol, 1856.
  • Pilara ou grandezas d'os humildes / Manuel Comellas Coimbra. – Ferrol, 1920.
  • Andrómenas. Versos gallegos / Fernando Pérez Barreiro. – Ferrik, 1922
  • Proa al mar y a la tierra. Libro de ejemplos y enseñanzas para labradores, obreros y emigrantes / Agustín Bugallo. – Ferrol, 1931
  • Haz bien. Ensayo dramático en un acto y en prosa / Emilia Pita do Rego. – Ferrol, 1905.
  • Flor de los pazos. Comedia en dos actos y en prosa / Manuel Linares Rivas. – Madrid, 1912.
  • Aire de fuera. Comedia en dos actos y en prosa / Manuel Linares Rivas. – Madrid, 1905.
  • España en Cuba. Episodio lírico-dramático en un acto / Ricardo Caballero Martínez e Vicente Peydró. – Ferrol, 1896.
  • Tercer centenario de la publicación del Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha. Ateneo Ferrolán Biblioteca-hemeroteca Homenaje en el Ateneo Ferrolano. – Ferrol, 1905.
  • Exploración científica de las costas del departametno marítimo del Ferrol / Mariano de la Paz Graells. – Madrid, 1870.
  • Cartas eruditas e curiosas / Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro. – Madrid, 1758-1763
  • Teatro crítico universal, o Discursos varios en todo xénero de materias para desengaños de erros comuns / Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro. – Madrid, 1759-1763.
  • Ilustracion Apoloxética ao primeiro e segungo tomo do Teatro Crítico / Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro. – Madrid, 1761.
  • Demostración crítico-apoloxética do Teatro Crítico Universal / Benito Jerónimo Feijoo e Montenegro. – Madrid, 1752.
  • Etc.
Destacar a obra Icones veterum aliquot, ac recentium medicorum, philosophorum que, elogiolis suis editae, opera I. Sambuci (Antuerpiae: Ex Officina Cristophori Plantini, 1574) = Varios iconos de vellos e recentes médicos e filósofos, cun eloxio editorial, obra de I. Sambuci (Amberes: Oficina de Cristophori Plantini, 1574).

Deste libro coñécense exemplares na Biblioteca Nacional de España e na Universidade Complutense, na Biblioteca Nacional de Austria, Biblioteca Real de Bélxica e Biblioteca Nacional de Francia. 

As obras de maior importancia están en proceso de dixitalización e posterior volcado no repositorio dixital accesible via web.

Na actualidade, o fondo antigo está composto de 789 monografías (588 xeral, 89 Galega e 82 Ferrol).


A BIBLIOTECA NA ACTUALIDADE

Anualmente mantemos un diversos convenios de colaboracións con institucións como a Universidade de A Coruña (Campus Ferrol) e a Universidade de León (ULE), para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas de Biblioteconomía e Documentación.

Outras organismos destacados, cos que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son:

  • Xunta de Galicia.
  • Concello de Ferrol.
  • Revista de “Estudios Mindonienses de la Diócesis Mondoñedo – Ferrol”.
  • Club de Prensa de Ferrol.
  • Círculo Filatélico de Ferrol.
  • Concello de Pontedeume.
  • Concello de Betanzos.
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña).
  • Arquivo do Reino de Galicia.
  • Deputación Provincial de A Coruña.
  • Fundación Eugenio Granell.
  • Instituto Ramón Piñeiro (Santiago).
  • Centro Dramático Galego.
  • Asociacións de Ferrolterra e Galicia.
  • Concellos da bisbarra.
  • CGAC.
  • Institucións Públicas Galegas e Estatais.
  • Editoriais como Embora ou Toxosoutos.
  • Sindicatos, asociacións, ateneos, etc.
O Ateneo Ferrolán, a través da súa Biblioteca – Hemeroteca, colabora noutras actividades coa cesión dos seus fondos hemerográficos / bibliográficos (Navantia, Exposición Ferrol no Tempo, Orixes. Ferrol Castrexo, etc.).

Cabe salientar a organización das Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Desde o 2013 veñen celebrándose ditas Xornadas que teñen como obxectivo principal dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación da nosa bisbarra.

Durante estes anos han participado destacados profesionais das ciencias da información así como investigadores e historiadores da nosa comarca. Tendo unha moi boa acollida tanto no mundo académico e técnico, grazas á colaboración da Universidade de A Coruña, como na cidadanía en xeral.


A BIBLIOTECA – HEMEROTECA DIXITAL DO ATENEO FERROLÁN


PRECEDENTES E FONDOS DIXITALIZADOS

Dende o 2008 o Ateneo Ferrolán ven apostando pola consulta e difusión a través de internet do seu patrimonio bibliográfico e hemerográfico asi como materiais audiovisuais e gráficos.

Para iso, o Ateneo Ferrolán foi colaborando con diferentes institucións co fin de darlle un valor engadido, coa súa dixitalización, ao fondo bibliográfico dispoñible. Unhas desta colaboracións foi coa Fundación Pedró Barrié de la Maza, na súa III Convocatoria de proxectos en colaboración 2006-07 e, por conseguinte, firmando convenio de colaboración para á catalogación e dixitalización de fondos; "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca– hemeroteca do Ateneo Ferrolán". Baixo este convenio ampliouse o equipamento informático da biblioteca e dixitalizáronse fondos de prensa únicos e de gran valor histórico e social correspondentes a cabeceiras editadas en Ferrol no século XIX e principios do XX, e dos cales o Ateneo conserva os únicos exemplares.

    Trátase dos xornais: "El Radical", "La Democracia", "Diario Ferrolano"(1), "Faro de Ferrol", "El Eco Ferrolano", "Galicia", "La Lucha", "La Voz del Obrero", "El Porvenir", "La Voz de la Liga", "La República", "El Pueblo", "El Bien del Obrero", "El Chicote", "Revista Acorazado" e "La Cruzada", “Anuarios do Ateneo Ferrolán”, “Homenaxe ao Quijote no seu tercer centenario” entre outros.

Por outra banda, a utilización de recursos libres e o traballo do persoal do Ateneo Ferrolán enfocado a este tema, dei como resultado a extensión de dito proxecto englobándose no “Plan de dixitalización de publicacións de interese local do Ateneo Ferrolán” como resultado un repositorio dixital de gran valor para investigadores e usuarios habituais deste servizo

Na actualidade contamos con 219 títulos / coleccións dixitalizadas. Parte deste material (107 títulos, 1157 documentos; 15976 páxinas dixitalizadas. 190 minutos de audivisuas, 2328 minutos de son e 26763 accesos) está accesíbel vía a web no repositorio dixital do Ateneo Ferrolán en: https://archive.org/details/@ateneoferrolan
 
 (1)Primeiro xornal no que escribe Wenceslao Fernández-Flórez, así como o primeiro de España que contou con servizo propio de telegrafía sen fíos.
 




























 
 
 

Constantino Bellón

Fotos de José J. Presedo


 INTRODUCIÓN


O Ateneo Ferrolán ven realizando o Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”, un certame único en Galicia de composición e interpretación de gaita galega, para solistas, dende o ano 1991.

Este certame está dirixido á potenciación da música de gaita galega, por ilo o Xurado cualificador valora o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas. Outra das condicións básicas para participar no mesmo, é a obrigatoriedade de presentar partituras inéditas, polo cal, ano tras ano vai aumentando dun xeito importante a calidade e cantidade de pezas creadas exclusivamente para este certame. Do mesmo realízase unha gravación e posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre o día 31 do mes de agosto.

O ámbito e alcance do “Constantino Bellón”, tanto a nivel de participación como de publicidade, está a acadar cada ano unha meirande importancia no panorama da música tradicional galega, considerado como un dos máis importantes certames a nivel internacional. Desde hai varias edicións creouse unha participación directa na final de catro gaiteiros seleccionados dos centros galegos da emigración galega de todo o mundo. De cara a ilo e a promoción da nosa música, tanto a publicidade como as gravacións posteriores se envían a tódolos centros galegos da emigración.




RESEÑA HISTÓRICA

O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estrito das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor LUÍS SEOANE, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un papel representativo de Galiza e Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade, e engadindo tamén o día 30 para o de composición.

Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.

No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos e posteriormente, do Obradoiro SEIVANE co seu significado sempre comprometido na defensa da cultura  galega.

Dende a 6ª edición, no ano 1996, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financiou durante 14 anos os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste sentido, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón”, o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da diáspora.

Tamén, e dende o ano 2003 engadiuse o Punto nº 9 ás Bases do Constantino Bellón o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.

Tamén, dende o ano 2008 engadiuse ao Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón” referente ao Gaiteiro de Soutelo, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

EDICIÓN DAS GRAVACIÓNS

O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Do mesmo, realízase unha gravación para a súa posterior edición no ano 1991 dun LP (disco en vinilo) e nos seguintes anos en CD, dicir que dende o ano 2003 vimos contando co equipo móbil de gravación da RTVG que realiza as gravacións en directo os dous días no Teatro Jofre de Ferrol coa posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre os días 30 e 31 do mes de agosto.

A distribución desta gravación é gratuíta achegando, entre outros, a entidades culturais, a todos os Centros Galegos do Exterior copias para a súa distribución e arquivo nas súas fonotecas.

Os dezanove anos da edición deste disco supón un amplo arquivo de pezas inéditas para gaita galega creadas para este Concurso organizado polo Ateneo Ferrolán.

OS PREMIADOS

5.1 Premio “Gaiteiro solista”

·        Ano 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota para Ourense.

·        Ano 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.

·        Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira picada.

·        Ano 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de gaita e Aturuxeira.
  
·        Ano 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.

·        Ano 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña” (Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde.

·      Ano 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde.

·        Ano 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”, de Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor.

·        Ano 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de Melchor”, de Iván Costa.

·    Ano 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”,  “Muiñeira de San Froilán” de Pepe Vaamonde.

·        Ano 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon e “O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas Varela.

·        Ano 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e “Cuasimuiñeira” de Oscar Miranda.

·     Ano 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame unha pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez.

·        Ano 2004. Alberto Coya Otero, de Hio (Pontevedra), con ”¡Malditas palletas ...! e “Non me amoles” de Alberto Coya Otero.

·      Ano 2005. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Un lustro” de Daniel Bellón García, “Río de Anxo” de Xosé Romero Suárez e “Prieguiceira” de  Ernesto Campos.

·       Ano 2006. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Fisterra, variacións de noitébrega”, de Brian Booshby- Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e  “Sen máis “ de Daniel Bellón.

·      Ano 2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con  “Aria, suite nº 3” de  J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e  “Aires de San Martín” de Brais Monxardín López. REVOGADO POSTERIORMENTE.

·      Ano 2008. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con  “Abime des Oiseaux” de Olivier Messiaem  e “Xota da utopía”  de Pablo Devigo Vázquez.  

·      Ano 2009. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 1 ou A Xana”de Pablo Devigo Vázquez e “Xota nº 2 ou Carral 1846” de Pablo Devigo Vázquez.        

·     Ano 2011. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 2, Canto de afiador” de Pablo Devigo Vázquez e “Chacona en DOM” de Pablo Devigo Vázquez.  


·     Ano 2013. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 4, Surr” de Pablo Devigo Vázquez e “Asturias (Leyenda)" de I. Albéniz. Adaptación Pablo Devigo Vázquez

5.2 Premio “Gaiteiro de Soutelo”




o       ANO 1997

Anabel Arias Andrés - Sabadell (España)          

María Isabel Mouzo Ameijeiras - Bos Aires-Arxentina                 

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo                               

Miguel Angel Freire Santos - Xenebra- Suiza     



o       ANO 1998

Anabel Arias Andrés -  Sabadell (España)          

Carina Fragoso Pegito - Bos Aires-Arxentina       

Elvira Lara Fernández - Cornellá (Barcelona)

        


o       ANO 1999

David Martínez Montes - La Habana (Cuba)          

Walter Andrés Almirón García - Buenos Aires (Arxentina)           

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo (Bizkaia)                          

Manuel Coedo Freijo - Terrassa (Barcelona)                          



o       ANO 2000 
Carina Fragoso Pegito - Buenos Aires – Arxentina.
Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.



o       ANO 2001

Walter Andres Almirón Garcia - Arxentina.

Daniel Lumbreras Rodriguez - Guipuzkoa.

Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.



o       ANO 2002

David Rodríguez Anido - Londres (Reino Unido).

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti (Guipúzcoa).

Magalí Tella - Suiza.

Walter Andrés Almirón García - Arxentina.



o       ANO 2003

Santiago  Agustín Molina - Bos Aires (Arxentina)

Francisco Franco Caamaño - Baracaldo (Bizkaia)
Walter Almirón García - Bos Aires (Arxentina)
Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián (Donostia)



o       ANO 2004

Juan Pablo Aguirre Alegre - Bos Aires, Arxentina.

Julio Jesús León Pérez - Castellón.

Santiago Agustín Molina - Arxentina.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.



o       ANO 2005 
Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Pablo Martín Rocco Couselo - Arxentina

Juan Pablo Aguirre Alegre - Arxentina

Anáisy Gómez Fernández - Habana, Cuba



o       ANO 2006

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Vicente Carlos González Siri  - Rincón de la Bolsa, Uruguay

Laura Burgué Fernández - Hospitalet de Llobregat, Barcelona

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona


o       ANO 2007

Jordi Torres  - Bos Aires - Arxentina

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona - España

Manuel Gómez García - Altza-Gipuzkoa- España

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España



o       ANO 2008

Jordi Torres - Bos Aires - Arxentina

Vicente Carlos González  Siri - Uruguai

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España



o       ANO 2009

Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez - Bos Aires - Arxentina

Eric Alexander Corrante - Venezuela

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donostia – España



o       ANO 2011 
Diego Bello Fernández - Bembibre, León 
Xosé Antonio Constela Martínez - Xenebra, Suiza       
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 
Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez - Arxentina

 o       ANO 2013
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 
Walter Andrés Almirón García - Arxentina
Raquel García Martínez - Valencia



5.3 Mención Gaita Galega “Constantino Bellón”




o       Ano 1995 
Mención Gaita de Ouro - Quinteto Tradicional “Raparigos”   
Mención Gaita de Prata - Carlos Zaera Landeira


o        Ano 1996 
Mención Gaita de Ouro - Antón Corral, Universidade Popular de Vigo
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Garceiras”



o        Ano 1997 
Mención Gaita de Ouro - José Seivane Rivas, artesán
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Rosales”

       

o        Ano 1998 
Mención Gaita de Ouro - Emilio Corral Vázquez, gaiteiro

Mención Gaita de Prata - Real Coro “Toxos e Froles”

        

o        Ano 1999                          

Mención Gaita de Ouro - Juan Bello Mallou

Mención Gaita de Prata -“Os Montes”                      


o        Ano 2000                          

Mención Gaita de Ouro - Enrique Otero Covelo

Mención Gaita de Prata - Asociación Xuvenil “Xacarandaina” 

        

o        Ano 2001                          

Mención Gaita de Ouro - Luciano Pérez Dìaz

Mención Gaita de Prata - “Faiscas do xabre”                                      



o        Ano 2002                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé López Bao, artesán

Mención Gaita de Prata - Orfeón Terra Nosa                                      



o        Ano 2003                          

Mención Gaita de Ouro - Rogelio Groba y Groba

Mención Gaita de Prata - Escola de Gaitas de Ortigueira. Mención especial a Xavier Garrote.                                                 



o        Ano 2004 
Mención Gaita de Ouro - José Luis Calle
Mención Gaita de Prata - Programa de Radio “LUME NA PALLEIRA”



o        Ano 2005                          

Mención Gaita de Ouro - José Temprano Castro

Mención Gaita de Prata - Conservatorio de música tradicional e folk de Lalín   



o        Ano 2006                          

Mención Gaita de Ouro - Alvaro Seivane Maside 

Mención Gaita de Prata - Grupo Milladoiro e a Manuel García Pereira, Lolete



o        Ano 2007                          

Mención Gaita de Ouro - Rubén González López

Mención Gaita de Prata - Cantigas da Terra                                                                                                                        



o        Ano 2008                          

Mención Gaita de Ouro[1]  Ao programa da TVG “ALALÁ”



o        Ano 2009 
Mención Gaita de Ouro - Miguel Doval González



o        Ano 2011                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé Manuel Seivane Magide  


o        Ano 2013                          

Mención Gaita de Ouro - Pablo Carpintero 

5.4 Premio “Composición”




· ANO 2003- JESÚS ÁLVAREZ LOZANO pola partitura para Gaita e Piano  “ALALÁ E JOTA DE RIBEIROÁ”



·  ANO 2004- AGUSTÍN SÁNCHEZ IGLESIAS pola partitura para Gaita e Piano “CAPRICHO DE GAITA”



· ANO 2005- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRÍGUEZ pola partitura para Gaita e Orquestra de Corda “CARMINA UTRICULARIS”



·   ANO 2006- ERNESTO CAMPOS CAMESELLA pola partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”



·    ANO 2007- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura Fantasía para Gaita e Piano “TROULA PARA CONSTANTINO”



·    ANO 2008- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano


FINALISTAS nesta edición: 
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda
DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.



·  ANO 2009- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura “LUGRÍS” para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

Accésit a: 
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “TUMBALEIRA” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra “JOTA” para Gaita, Orquestra de corda e Piano.



· ANO 2011- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ  pola partitura “As cousas de Sabela” Suite para Gaita Solista en La e Orquestra.

Accésit a: 
JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra “OCTOPUS” para Gaita e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para gaita en Do5 e electrónica en vivo.

· ANO 2013- JDANIEL ROMAR SAMBADE  pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda".

Accésit a: 
JAVIER Mª LÓPEZ RODRIGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)

LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.(Para gaita solista e corda)  



5.5 Premio “Seivane”




Premio SEIVANE 2008- SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA de Arxentina



Premio SEIVANE 2009- ERCIK ALEXANDER CORRENTE ESPINOZA de Venezuela



Premio SEIVANE 2011- XOSÉ ANTONIO CONSTENLA MARTÍNEZ de León

Premio SEIVANE 2013- RAQUEL GARCÍA MARTÍNEZ de Valencia







[1] A partir deste ano so concederase a Mención Gaita de Ouro desaparecendo a de Prata                                                                                                                       
 

Related Posts with Thumbnails