NOVAS CONCURSO GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN"


Foto de José J. Presedo

Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
En Ferrol no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por: Víctor Fernández Gabeiras, Xesús Vaamonde Manteiga, Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e actuando como secretaria, sen voto, Cristina Meizoso Alonso, reunido o día 8 de outubro de 2007 toman a seguinte DECISIÓN:


  • REVOGAR o PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA SOLISTA deste XVII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” celebrado en Ferrol o día 31 de agosto de 2007 por:

UNHA FALTA AO ESPÍRITO DO CONCURSO e INCUMPRIMENTO DAS BASES DO MESMO.

Por todo o antedito, se declara DESERTO O PREMIO do XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” do ano 2007.


En Ferrol a 8 de outubro de 2007

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails