Comunicado da Xunta Directiva

Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán logo de condenar o atentado e case que superada a impresión e o medo pasado, queremos expresar o noso agradecemento (ante o acontecido o pasado xoves día 17 de xaneiro, o incendio na entrada deste Ateneo aínda sen aclarar), en primeiro lugar ao Corpo de Bombeiros pola súa rápida intervención e aos servizos de emerxencia (061, 092), aos diferentes colectivos, entidades culturais, ateneos de España e internacionais e ás diferentes persoas que nos mostraron o seu apoio e solidaridade.

Estamos á espera de que se acondicione por parte do Concello a entrada deste emblemático edificio do século XVIII patrimonio da cidade de Ferrol, ou tal e como apuntaba La Voz de Galicia do pasado 19.01.08, á espera da EXECUCIÓN DESAS OBRAS DE RESTAURACIÓN APROBADAS NO ANO 2002 deste edificio 202-204 na súa totalidade para albergar esta entidade con máis de cen anos de antigüidade (Fundada en 1879). Que, non podemos esquecer, conserva dentro do seu patrimonio a ÚNICA hemeroteca de Ferrol e da súa comarca.

Pendentes destas resolucións reiteramos o noso máis profundo agradecemento.
Ferrol a 24 de xaneiro de 2008.


A Xunta Directiva do ATENEO FERROLÁN

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails