Bases e Partitura obrigada para o XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”


BASES e a PEZA OBRIGADA
XVIII Concurso de Gaita Galega
“Constantino Bellón”
Ano 2008 a celebrar os día 30 e 31 de agosto
no TEATRO JOFRE de FERROL.

MEMORIA

O "Constantino Bellón" foi creado polo Ateneo Ferrolán, no ano 91, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter e potencia-la nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baix
o a figura dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estricto das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concur
so, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor Luís Seoane, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a tódolos gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un pa
pel representativo de Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade.

No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos, co seu significado de industria comprometida na defensa da cultura galega.


Dende a 6ª edición, no ano 96, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible gracias á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financia os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste senso, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do "Constantino Bellón", o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a tódolos centros galegos do país e da diáspora.


Tamén, e dende o ano 2004 engadiuse o Punto nº 9 das Bases do "Constantino Bellón") o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.

Como referencia, adiantar que a día de hoxe, recen celebrado o 17º Concurso, témo-la edición das dezasete finais, en formatos de longa duración, audio e disco compacto. e nas dúas últimas gravacións contamos coa edición do Premio de Composición.


Por último dicir que, temos como obxectivo a publicación dun libro que recolla un TRABALLO DE INVESTIGACIÓN que terá tres apartados relacionados coa música de gaita: HISTORIA E EVOLUCIÓN DA GAITA, AFINACIÓN DA GAITA e un terceiro sobre A PALLETA E O RONCÓN.

BASES

1.- Poderán tomar parte tódolos gaiteiros que o desexen. As gaitas poderán estar afinadas en calquera tonalidade. A interpretación será sen acompañamento.

2.- REQUISITOS.
  • 2.1) Os concursantes deberán enviar ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, 1º. Ferrol) un CD gravado coa peza,Olavide, de Daniel Bellón facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • 2.2) A partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este Concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor.
3.- PLICAS.
  • 3.1) Os concursantes deberán enviar o CD nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior e acompañado da seguinte documentación: partituras -orixinal e tradicional-, así como os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
  • 3.2) A non cumprimentación dos anteriores requisitos é excluínte da selección para o concurso.
4.- As partituras ficarán en propiedade do Ateneo Ferrolán.

5.- Co obxectivo de promociona-la participación da Galicia do exterior créase un apartado específico, dirixido ós gaiteiros das comunidades galegas da emigración, chamado “Gaiteiro de Soutelo”.
  • a.- Co gallo de promociona-la participación da Galicia do exterior no Concurso “Constantino Bellón”, a Consellería da Emigración convoca o Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
  • b.- Poderán participar tódolos gaiteiros dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior.
  • c.- Os concursantes deberán enviar á Consellería da Emigración:
  • 1) Un CD gravado coa peza Olavide, de Daniel Bellón, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado.
  • 2) Partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamentepara este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor.
  • d.- PLICAS.
    Os concursantes enviarán o CD nun sobre pechado cun pseudónimo identificador. Conxuntamente, noutro sobre escrito por fora co mesmo pseudónimo, deberán facer consta-los datos persoais do participante: nome e apelidos, enderezo, país de residencia e nome do centro ou institución galega pola cal se presenta. No mesmo deberán incluílo orixinal da partitura inédita presentada ó Premio “Gaiteiro de Soutelo”, e máis a copia da tradicional ou de autor.
  • e.- PRAZO. O prazo de presentación remata o 13 de xuño do 2008.
  • f.- PREMIOS. Os premios “Gaiteiro de Soutelo” consistirán na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ó concurso “Constantino Bellón”, que organiza o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto do 2008, na cidade de Ferrol (Galicia).
  • g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
6.- Na final actuarán, como máximo, un total de catorce gaiteiros repartidos do seguinte xeito:
  • Dez finalistas seleccionados polas gravacións presentadas directamente ó Ateneo Ferrolán, tal e como se contempla nestas BASES.
  • Catro finalistas seleccionados segundo se especifica no Premio “Gaiteiro de Soutelo”.
Tódolos finalistas vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego, o cal terase en conta por parte do Xurado.

7.- A interpretación no Concurso constará de:
  • 7.1) Unha peza inédita, creada expresamente para a presente edición do Concurso "Constantino Bellón", e máis da peza tradicional ou de autor.
  • 7.2) O tempo máximo do que disporá o intérprete para a afinación da gaita e a interpretación de ámbalas dúas pezas será de 6 minutos, computados, sen pausa, dende a primeira nota escoitada, ata a última.
Tódolos finalistas recibirán unha peza de cerámica deseñada por Sargadelos, baseada nun óleo de Luís Seoane, cedido expresamente pola súa viúva Maruxa Seoane, para este concurso, e un Diploma acreditativo da súa participación no Concurso.

8.- A dotación do Premio será de 3000 € con dous accésit de 1000 €.

9.- Concurso de composición para Gaita Galega Solista.
  • 9.1) Poderán tomar parte todos os compositores que o desexen.
  • 9.2) É obxecto deste concurso premiar a mellor partitura escrita para Gaita Galega Solista acompañada ou non, dun conxunto instrumental composto por un tope máximo de 40 instrumentos.
  • 9.3) A composición ten que ser inédita, non ter sido estreada, nin haber sido premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin haber sido obxecto de ningún encargo previo. Terá unha duración mínima aprox. de 5 min. e máxima de 12 min.
  • 9.4) Os traballos presentaranse en dous formatos: a partitura orixnal impresa en papel; e, a mesma partitura, en soporte informático, axuntando copia do programa no que estea configurada (agás Encore ou Finale) ao enderezo do Ateneo Ferrolán.
  • 9.5) Este traballo virá nun sobre pechado identificado co pseudónimo adoptado. Neste sobre deberá incluírse outro co mesmo pseudónimo no exterior e cos seguintes datos persoais no interior: nome, apelidos, enderezo e teléfono.
  • 9.6) O prazo de presentación das partituras rematará o día 30 de maio de 2008.
  • 9.7) A dotación do premio será de 2000 €.
  • 9.8) O premio poderá ser declarado deserto.
10.- O Xurado cualificador valorará o emprego de xiros e técnicas propiamente galegos por parte dos finalistas e a súa decisión será inapelable.

11.- Como remate do Concurso, os finalistas interpretarán conxuntamente a peza obrigatoria. Para ilo, deberán traer unha gaita en DO, afinada a 440 Hz.

12.- O Ateneo Ferrolán patrocinará unha gravación do Concurso coa edición do mesmo en formato de disco compacto.

13.- O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008.

14.- A final terá lugar na cidade de Ferrol o día 31 de Agosto do 2008.

15.- Aqueles casos non contemplados nestes artigos serán decididos a criterio do Xurado. A participación no Concurso implica a total aceptación destas BASES.

Mención honorífica de Gaita Galega “Constantino Bellón”
  • O Ateneo Ferrolán, en liña coa súa defensa e promoción das artes, na súa faceta de música, coincidindo co Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, Crea unha mención honorífica, dirixida a aquelas persoas ou entidades que destacaron polo seu traballo a prol da música galega.
Gaita de Ouro “Constantino Bellón”
  • 1.- Este Premio outorgase tódolos anos, por parte do Ateneo Ferrolán, coincidindo coa celebración do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”.
  • 2.- Para a nominación de Mencións, o Ateneo Ferrolán solicitará do Xurado do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a súa opinión que se reflexará nunha terna de candidatos a valorar, quedando a nominación e concesión final baixo os criterios do Ateneo Ferrolán.
  • 3.- A presente Mención será de carácter honorífico e non económico, non estando suxeita a ningún tipo de compromiso por ámbalas dúas partes, a non se-lo propio e moral que conleva o recoñecemento público da labor efectuada polos galardoados .

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails