Exposición 75º aniversario. II República Española

Unha exposición itinerante do Ateneo Republicano de Galicia que se poderá visitar do 7 ao 21 de abril na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta)

A mostra está formada por un conxunto de 23 paneis con contidos documentais e pedagóxicos.

Cada panel integra a reprodución dun conxunto de documentos gráficos orixinais (fotos, imáxenes, deseños, prensa, artigos) e textos propios explicativos. Os paneis inclúen un deseño de lectura fácil e atractiva con definicións de identificación unitaria.

A temática é a seguinte:

  • 01. Tradición republicana en España: Iª República. Os republicanos na restauración.
  • 02. A tradición republicana en Galicia: Iª República. Os republicanos na restauración.
  • 03. Pacto Lestrove, pacto San Sebastián e rebelión de Jaca.
  • 04. A proclamación da IIª República: o 14 de abril de 1931.
  • 05. Galicia: A proclamación da IIª República.
  • 06. Os construtores da IIª República Española.
  • 07. Galicia: as forzas republicanas.
  • 08. O Bienio reformista.
  • 09. A Constitución republicana do 9 de decembro de 1931.
  • 10. Políticas da familia: infancia, muller, divorcio?
  • 11. Políticas sociais: seguros, traballo, hixiene?
  • 12. Políticas educativas: escola, universidade, pedagoxía?
  • 13. Políticas económicas: facenda, capital, moeda.
  • 14. Políticas territoriais: concellos, provincias, autonomías.
  • 15. Políticas culturais: patrimonio, creación, equipamentos?
  • 16. Políticas internacionais: Sociedade das Nacións, colonias, relacións?
  • 17. O Bienio de dereitas.
  • 18. A Fronte Popular de febreiro de 1936.
  • 19. Galicia: Historia da IIª República.
  • 20. Galicia: O Estatuto de Autonomía de 1936.

Todos aqueles Concellos, Institutos, Universidades, e demais institucións e asociacións que estean interesados en expor esta mostra podrán facelo de forma gratuíta. Deberán porse en contacto co Ateneo Republicano no teléfono 981 263 400 ou mediante correo electrónico a:
ateneorepublicanodegalicia@mundo-r.com

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails