Fallo do Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”

O Xurado do VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea 2008”, que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixa Nova, composto por:

María José Doce Rey, Aurora Rivas Hermida, Esperanza Vidal Martínez e Francisco Oti Ríos acordou o seguinte FALLO:

1) Conceder o Premio de Categoría Especial ao Grupo de teatro do Colexio “Carmen Polo”, dirixido por María Victoria Suárez.

2) Nas categorías Infantil e Primaria a:

  • Grupo do CEIP “Centieiras” do Concello de Fene coa obra “Todo é un conto”, dirixido por Mª Cointa Pazos García.
  • Grupo “Atios”, do CEIP “Atios”, coa obra “O galo Quirico”.
  • Grupo do CEIP “Cruceiro Canido”, coa obra “Berenguela”, dirixida por Pablo Lombao Grandal e Isabel López Bellas.
  • Grupo da Asociación Os Amigos “Arco Iris” do Concello de Valdoviño coa obra “A Farsa das zocas” dirixida por Lucía Caneiro.
3) Na Categoría Xuvenil a:
  • Grupo IES Carvalho Calero coa obra “Un casting para Melchor” dirixida por Mª Pilar Patiño.
  • Grupo “Pasapadentro” da Asociación Cultural Melandrainas de Arteixo, coa obra “La niña que riega las albahacas” dirixida por Marga Fernández e Queta Soto.
Todos eles recibirán un premio, de igual cuantía, por un total de 250 Euros, doados por Caixa Nova, ACTO que terá lugar o próximo venres día 20 ás oito da tarde no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

O Xurado quere destacar e valorar publicamente os traballos e esforzos adicados por parte de tódolos grupos participantes, dentro das grandes diferencias de medios económicos e humanos e, moi especialmente naqueles colexios onde se conseguiu ese compromiso e unidade no traballo da comunidade escolar.

Para rematar o Xurado de Atenea 2008, quere felicitar o Ateneo Ferrolán polo seu compromiso permanente e desinteresado coa cultura, sobre todo na súa base, os pequenos, e a Caixa Nova pola súa sensibilidade e compromiso, así como recomendarlles e alentarlles na continuidade deste certame.

Asdo. Eliseo Zaera Ríos (Presidente)
Asdo. Mª José Doce (Secretaria)

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails