Acta final do "Constantino Bellón 2008"

XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA
“CONSTANTINO BELLÓN”
ANO 2008


En Ferrol a 31 de agosto de 2008, no Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
  • Víctor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodríguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas.

Acordan outorgar o Premio SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :
  • SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA
Acordan outorgar dous accésit de 1.000€ cada un a:
  • GONZALO MANUEL ABELAIRAS LEMOS
  • BRUNO VILLAMOR GAY
Así mesmo, ACORDA por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000€ deste 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a
  • PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
Asinado:
  • Victor Fernández Gabeiras
  • Xabier Rodríguez Fariñas
  • Pablo López Torneiro
  • Xoán Rodriguez Silvar
  • Xesús Vaamonde Manteiga
  • Cristina Meizoso Alonso
Algunhas fotos do Constantino deste ano.

5 comentarios :

Anónimo dixo...

Hai que recoñecer que Pablo toca ben, pero tamén hai que ser persoa e despóis da que montou o ano pasado (hai que saber perder) non entendo como o poden nin siquera deixar presentar. Boa Mafia!!!

Anónimo dixo...

ya se sabe lo que hay... la verdad es q tienes toda la razon con eso, lo primero q hay q ser es persona y eso a este chaval le falta. A ver si madura un poco y aprende el significado de la palabra "compañerismo".

Anónimo dixo...

Envidia, moita envidia...

Anónimo dixo...

A min diréctamente dame lástima, espero que non se manque cando caia do "máis alto".

Anónimo dixo...

Arriba Monxardín!!!

Related Posts with Thumbnails