Martes de Cine no Ateneo Ferrolán

Ciclo “Galiza: O cine en galego”

As proxeccións serán os martes ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.

7 OUTUBRO
CONTINENTAL
Xavier Villaverde, 1989

  • Duración 100 min.
  • Produción Xavier Villaverde Asociados
  • Produtor Francisco Casal
  • Guión Xavier Villaverde, Raúl Veiga
  • Fotografía Javier G. Salmones
  • Intérpretes Eusebio Poncela, Jorge Sanz, Cristina Marcos, Feodor Atkine, Alberto Alonso, Héctor Alterio, Marisa Paredes, Fernando Guillén, Xosé Lois González, Gonzalo Uriarte, Manuel Areoso, Carlos Marcet, Orlando Rodríguez, Nancho Novo, Marisa Soto, Elina Luaces, Luisa Martínez, Mónica García Pérez, Eufemia Román Torres, Lola Muñoz, Eduardo Puceiro, Manuel Manquiña, Xabier Lourido, Antonio Simón Álvarez, Marina Casal, Canco Ramonde, Angelita Enríquez, Antonio Durán "Morris", Juan Graell, Antón Reixa.
  • Sinopse Unha vella cidade portuaria, a principios dos anos corenta, o capo Gonçalves celebra o seu triunfo definitivo sobre as bandas rivais. Acompáñano Julia, a súa fiel compañeira, Anabel, a súa cativa e os seus homes de confianza: Otárola, Ventura envexosos do seu poder e Ruda. Pasaron xa moitos anos. Remata a década dos cincuenta e na mesma cidade enfróntanse as bandas de Ventura e Otárola que, despois de asasinar a Gonçalves, repartiron os seus dominios: o negocio da prostitución e o contrabando do tabaco. A cobiza de Otárola lévao a invadir os sectores do negocio controlado polo seu amigo de sempre, Ventura, desencadeando a loita entre as bandas e un clima de morte e terror.

14 OUTUBRO
DIVERTIMENTO
José García Hernández, 2000
  • Duración 93 min.
  • Produción Formato Producciones, S.L. Divertimento, Alta Films, en asociación con Televisión de Galicia (TVG) e coa participación de Canal Plus, Televisión Española (TVE)
  • Produtor José García Hernández, Andrés Barbé
  • Guión Manuel Ortega
  • Fotografía Jorge Arce
  • Intérpretes Francisco Rabal, Federico Luppi, Pastor R. Feal, Sonia Castelo, Margarita Fdez. López, Irene Lamas, Martín Mújica.
  • Sinopse Daniel Osantos, un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro en canto ao seu talento como actor e malia os seus éxitos, decide entrevistarse con Bernando Gabler, un lendario actor que leva toda a vida a interpretar o mesmo personaxe. Mais Gabler parece pouco disposto a amosarlle os seus segredos a un actor no que non acredita e proponlle un xogo, un elaborado plan, unha proba de resistencia, para determinar se está á altura do papel.

21 OUTUBRO
ENTRE BATEAS
Jorge Coira, 2001
  • Duración 90 min.
  • Produción Costa Oeste Produccións, S.A. para FORTA Produtor Marco Meere, Roberto Sinde
  • Guión Carlos Portela, Ramón Campos
  • Fotografía Chechu Graf, Alfonso Sanz
  • Intérpretes Miguel de Lira, Nekane Fernández, Pepo Suevos, Xosé Manuel Olveira "Pico", Luisa Merelas, Cristina Espinosa, Rosa Álvarez, Xulio Abonjo, Antonio Mourelos, Tino Rábade, Luis Iglesia, Celso Bugallo, Xurxo Souto, Toñito de Poi, Gonzalo Uriarte, Manuel Lourenzo, Santi Prego, Fernando Arcay, Marcos Aurelio González, Marcos Orsi, Quico Cadaval
  • Sinopse Situada nos anos 60, conta a historia de dous mozos, amigos da infancia, que se desenvolven na convulsa e perigosa fronteira entre o contrabando e o narcotráfico, e evidenciará a realidade social relacionada con esa problemática na zona das Rías Baixas galegas.

28 OUTUBRO
FISTERRA. ONDE TERMINA O MUNDO
Xavier Villaverde, 1998
  • Duración 100 min.
  • Produción Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Xavier Villaverde
  • Produtor Pancho Casal
  • Guión Miguel Anxo Murado
  • Fotografía Javier García-Salmones
  • Intérpretes Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides, Geraldine Chaplin, Chete Lere, Manuel Manquiña, Kassia Perminio, Harold Zúñiga, Adrián Ures.
  • Sinopse Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte en Galicia fillos dunha parella de hippys que se instalaron alí a finais dos anos sesenta cheos de ideais. Cando o irmán menor, Mario, aínda é un cativo, o pai abandónaos. Os irmáns crecen coa idea de se reuniren con el. Pero Mario e Berto separan os seus camiños e seis anos despois reencóntranse.

4 NOVEMBRO
O LAPIS DO CARPINTEIRO
Antón Reixa, 2002
  • Duración 100 min.
  • Produción Portozás Visión, Sogecine, Fish People Ltd, D&D Audiovisuais
  • Guión Xosé Morais, Antón Reixa
  • Fotografía Andreu Rebés
  • Intérpretes Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Manuel Manquiña, Nancho Novo
  • Sinopse 1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza é filla dun empresario próximo aos fascistas e oponse á súa relación.

11 NOVEMBRO
LENA
Gonzalo Tapia, 2001
  • Duración 108 min.
  • Produción Portozás Visión, Tráfico de Ideas, Producciones La Iguana, Alta Films, S.A., Take 2000. Coa participación de Canal Plus, Televisión Española, ICAA, ICAM e a colaboración de Televisión de Galicia. Co apoio do Programa IBERMEDIA e o Concello de Vigo Produtor Piluca Baquero, Antón Reixa, Elena Manrique, Enrique González Macho, José Maceda
  • Guión Antonio Trashorras, David Muñoz, Gonzalo Tapia
  • Fotografía Carles Gusi
  • Intérpretes Marta Larralde, Manuel Manquiña, Roberto Álvarez, Luis Tosar, Víctor Norte, Iván Hermes, Luis Zahera, Carlos Kaniowsky, Antón Reixa, Nuria Sanz, Josito Porto, Luma Gómez, Beatriz Campos, Santi Prego
  • Sinopse Para todos supón un cambio brusco o paso da adolescencia ao mundo dos adultos; pero hai casos nos que a brusquidade toma sentido real e deixa de ser un concepto inocente ao que os mozos inmaturos lle damos importancia. Este é o caso de Lena, unha moza de dezaoito anos que vive no barrio de Bouzas, na ría de Vigo. O pai de Lena é un pobre home que vive de ilusións e de meterse en problemas. Aínda así é cariñoso coa súa filla. Un día seu pai aparece mallado por meterse en leas coa mafia local. A partir dese momento a vida de Lena cambia de forma radical.

18 NOVEMBRO
A NOIVA DE MEDIANOITE
Antonio F. Simón, 1997
  • Duración 95 min.
  • Produción Encuadre
  • Produtor Antonio F. Simón
  • Guión Lino Braxe, Antonio F. Simón
  • Fotografía Acacio de Almeida
  • Intérpretes Francisco Rabal, Nancho Novo, Pepe Soto, Roberto Vidal Bolaño, Juan Diego, Esperanza Roy, Clara Sanchís, Mara Sánchez, Rosa Alvarez, Rosa Lousa, Lino Braxe, Sara Astray, Francisco Taxes, Laura Ponte, Gonzalo Uriarte, Ernesto Chao, Miguel Castelo, Manuel Guede, Francisco Oti, Manuel Couñago, Romano Aticus, Celsa Bouzón, Yra
  • Sinopse Unha acomodada muller viúva dúas veces, vive coa súa reducida familia e dous criados nun pazo sombrizo na Galicia de finais do século XIX illada do mundo para ocultar un grave suceso acontecido no seo da súa familia hai dez anos. Este acontecemento ten sometida a familia a certas chantaxes das que se verán liberados grazas á chegada á mansión de dous forasteiros que desencadean o esclarecemento dos feitos e un cambio na futura vida familiar.

25 NOVEMBRO
SEI QUEN ES
Patricia Ferreira, 2000)
  • Duración 106 min
  • Produción Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Zarlek Producciones coa colaboración de Vía Digital, Televisión Española, Televisión de Galicia
  • Produtora Carmen de Miguel
  • Guión Inés París, Daniela Fejerman
  • Fotografía José Luis Alcaine
  • Intérpretes Miguel Ángel Solá, Ana Fernández, Roberto Enríquez, Ingrid Rubio, Manuel Manquiña, Mercedes Sampietro, Héctor Alterio, Jordi Dauder, Vicky Peña, Gonzalo Uriarte, María Bouzas, Xavier Estévez, Luis Tosar, Carlos Blanco, Santi Prego, Mónica García, José Luis Beral “Farruco”
  • Sinopse Cando Paloma, unha psiquiatra nova namorada do seu traballo, chega para ocupar a súa praza nun hospital remoto en Galicia, encontra un paciente moi especial. É Mario, un home inquietante e seductor á vez, que padece unha estraña enfermidade: a síndrome de Korsakov, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apaixonante para a doutora. Pero a memoria perdida de Mario oculta un pasado, aparentemente esquecido, que ameaza con sacar á superficie perigosos feitos borrados da recente historia de España.

2 DECEMBRO
SEMPRE XONXA
Chano Piñeiro, 1989 )
  • Duración 114 min.
  • Produción P.C. Piñeiro
  • Produtor Rafael Girón, Manuel M. Mallo
  • Guión Chano Piñeiro
  • Fotografía Miguel Ángel Trujillo
  • Intérpretes Uxía Blanco, Xavier R. Lourido, Miguel Insua, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro, Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León, María Viñas, Roberto Fernández, Manuel Alonso Pérez, Gisela Romero, Javier Rocha, Miguel Angel Gómez.
  • Sinopse A historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, e as súas relacións desde a infancia no ano 1947 até a súa madurez en 1986. A emigración nas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, as lendas que se confunden coa realidade, o trasmundo dunha aldea que vai morrendo, perdida nos montes de Galicia. O humor mestúrase co realismo máxico, tan presente na cultura e na realidade galegas.

9 DECEMBRO

TRECE BADALADAS
Xavier Villaverde, 2002
  • Duración 103 min.
  • Produción Tornasol Films, Ensueño Films
  • Guión Curro Royo, Juan Vicente Pozuelo, Xavier Villaverde
  • Fotografía Javier Salmones
  • Intérpretes Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Elvira Mínguez, Laura Mañá
  • Sinopse Xacobe, un mozo escultor, volve a Santiago despois de quince anos. A razón da súa volta é o descubrimento de que súa nai a quen cría morta en realidade non o está.



en colaboración co


3 comentarios :

Anónimo dixo...

Ou estades enganados vós ou vos engana o CGAI, queridos amigos do Ateneo Ferrolán, porque de todas esas películas que ides proxectar, soamente UNHA -Sempre Xonxa- ten o galego como lingua orixinal. Todas as outras, pese a teren importantes subvencións públicas, teñen como lingua orixinal o castelán. É dicir, engánase á xente, porque se lle di que vai ver "o cine en galego" pero só verá versións dobradas. Non debiades colaborar a esa mentira.

Saúde.

Anónimo dixo...

Ola, eu vou ao Cine do Ateneo e todas as "pelis" son en galego e gravadas en Galicia, non sei se estarán dobradas pero polo menos as voces correspondense aos actores e actrices que fan a peli, , de sobras coñecidos por tod@s! Polo menos faise algo en defensa do idioma galego!

Anónimo dixo...

Eu non penso que se engane a ninguén, o ciclo cháma-se "Galiza:O Cine en galego" non se trata de outra cousa, de todas formas Luther Blisset, o que sí podías facer é non andar a decir o que debe ou non debe facer o Ateneo, ou con quen debe colaborar, penso que ao Ateneo chegan propostas de todo tipo, e esta era unha delas, decidiron levala adiante e debes respetar a súa decisión, se tes unha proposta, Luther, faina chegar e de seguro que será ben recibida. Trátase de aportar en positivo.

Related Posts with Thumbnails