Concerto de OSSOBUCCO no Ateneo Ferrolán

Ossobucco nace como consecuencia dun cúmulo de casualidades, sen premeditación, case sen querer en Madrid no verán de 2002 e é froito dun traballo que foise macerando co tempo. Nun principio desenvolvense nun formato puramente acústico, incidindo na esencia das propias cancións para posteriormente evolucionar cara un son máis eléctrico e electrónico conseguindo os contrastes que hoxe representan a base do seu son.

Ossobucco utiliza os directos para mostrar puntos concretos dun proceso que vaise transformando continuamente, facendo que cada concerto sexa moi distinto un doutro, esta circunstancia explica o espaciado das súas actuacións.

Ao longo deste tempo coñecen a Pablo Sbaraglia, músico e produtor arxentino colaborador habitual de artistas da talla de Andrés Calamaro, Andy Chango e actualmente membro da banda do Indio Solari. Participa nalgunha das actuacións de Ossobucco, comezando así unha relación profesional que frutificará na gravación e produción do presente traballo.

Este disco foi gravado en Bos Aires no verán de 2006 en tan so once días. A falta de tempo obrigoulles a pactar unhas regras de xogo que marcaron definitivamente o rumbo que adquiriría todo; reflexo de isto é que o disco está repleto de primeiras tomas que aportan frescura e determinación a unha obra que require escoitar para apreciala plenamente.

O concerto será o próximo XOVES día 12 de febreiro ás 20 h. no Salón de Actos

Web: www.myspace.com/ossoybucco

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails