O Ateneo adquire para a súa Biblioteca–Hemeroteca a "Enciclopedia histórica del anarquismo español"

Chega esta monumental obra –a enciclopedia– para mostrar o devenir do movemento anarquista en España a través das persoas que o encarnan, dos comicios que celebra, das revistas e periódicos que elabora, dos lugares en que asentase. E froito dun traballo persoal e colectivo. Persoal, pois levou ao seu autor algo máis de trinta anos de recompilación minuciosa de datos. E colectivo, porque participaron nel máis de trescentas persoas; desde as que aportaron datos relativos ao seu entorno familiar ou de amizades ate as que, desinteresadamente, ofreceron os resultados das súas investigacións levadas a cabo durante anos. Todas elas teñen recoñecida a súa xenerosidade na correspondente parte bibliográfica de cada entrada.


Os dous primeiros volumes da presente enciclopedia –842 e 999 páxinas, respectivamente– inclúen unhas 50.000 entradas, ordenadas alfabeticamente, nas que o groso dedicase a persoas militantes, moitas delas descoñecidas ate agora, mostrando así que a forza do anarquismo basease na xente sen protagonismo. A ilo sumase unha completa relación de periódicos e revistas que se sucederon ao longo dos anos. Desgrananse, ademais, os congresos e asembleas das distintas ramas do anarquismo, introducidos pola cidade na que se celebraron. Completase, por último, a información con eventos, grupos, columnas, etc. Cada entrada leva o seu correspondente aparato bibliográfico con indicación das fontes. O terceiro volume –239 páxinas– dedícase ás imaxes –unhas 3.000–: ilustracións de cubertas de libros, cabeceiras de periódicos e revistas, e carteis; fotografías de militantes e de grupos en manifestacións, escolas, congresos, colectividades, milicias...


En total, 2.080 páxinas de amena lectura sobre a vida de homes e mulleres excepcionais, sobre a súa búsqueda da dignidade, sobre as constantes persecucións e violencia que padecen, sobre as realizacións utópicas que conseguen, sobre o movemento popular español que máis cultura xera, en fin, sobre o anarquismo español.




Enciclopedia histórica del anarquismo español
Vitoria, Asociación Isaac Puente, 2008
3 volúmenes (2.080 páginas, tamaño folio)
ISBN 978-84-612-4049-4 (Obra completa)

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails