Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2011”

Témolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro “Constantino Bellón” e a concesión da mesma.

A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará  o próximo mércores día  31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega  “Constantino Bellón”.
O Ateneo Ferrolán acorda concede-la
Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011”, a persoa de
XOSÉ MANUEL SEIVANE MAGIDE  
como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega.
Asdo.-
Victor Fernández Gabeiras
Presidente do Xurado do Constantino Bellón
-
Mónica García Montero
Secretaria do Ateneo Ferrolán

ACTAS do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón"


Publicamos as ACTAS coa selección dos finalistas para participar no XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011, que se celebrará en Ferrol os próximos 30 e 31 de agosto no Teatro Jofre.

Related Posts with Thumbnails