XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” A celebrar os días 18, 19 e 20 de decembro do 2013

XIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” 
ATENEO FERROLÁN
A celebrar os días 18, 19 e 20 de decembro do 2013

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Os días 18, 19 e 20 de decembro de 2013, levaranse a cabo ás  XIII XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes trece anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

1 comentarios :

Anónimo dixo...

Cando saen publicadas as curtas seleccionadas?

Related Posts with Thumbnails