CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA







CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o martes día 10 de decembro de 2013 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

            1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
            2.- Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
            3.- Informe económico da Xunta Directiva saínte
            4.- Rogos e preguntas
            5.- Elección da nova Xunta Directiva

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

            31 de outubro -                         Convocatoria de Eleccións

4 de novembro -            Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións

7 de novembro              Último día para Constitución da Mesa Electoral

15 de novembro -          Inicio prazo para presentación de Candidaturas

20 de novembro -          Último día para presentación de Candidaturas

21 de novembro -          Proclamación de Candidaturas

22 de novembro -          Inicio da Campaña Electoral

10 de decembro -          - Celebración da Asemblea Xeral
                                    - Elección da nova Xunta Directiva

No período da Campaña Electoral (entre os días 22 e 9 de decembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,




Asdo.- RAMÓN VELOSO RODRIGUEZ
Presidente

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails