Presentación: Grupo Surrealista Galego. Poesía visual "Xalundes"

Xoves día 27 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá a presentación do:

Grupo Surrealista Galego

onde varios compañeiros, entre eles, Xoan Abeleira, poeta e membro deste grupo nos presentarán o poema visual "Xalundes" e nos falarán das súas actividades.


http://gruposurrealistagalego.blogaliza.org

O Grupo Surrealista Galego é, irrazoable e irrefreable mente, nada máis [pero moito máis] ca un grupo de creadoras e creadores galegos, cunha única premisa, polo de agora: abrirse a todos aquiles individuos e colectivos que vexan na palabra "surrealista" un espírito aínda vivo e transformador, e non, como quere facernos crer o sistema capitalista, un sinónimo do seu absurdo. Non queremos ser "dogmáticos" mais tampouco traidores. Por iso estamos dispost@s a aceptar e pendurar todas aquelas creacións, de calquera tipo, leais ó que amamos pero ningunha que deturpe aquilo que di amar. Polo demais, como non somos nin parvos nin ilusos senón temible mente lúcidos, sabemos, abofé, que no tocante ó Surrealismo ninguén pode aspirar a nada agás a devir algún día surrealista.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails