Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”. Venres día 28 ás 20 h.



Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”

Venres día 28 de febreiro ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Entrada libre


Rodado case integramente en Sillobre, concello de Fene, e con 20 minutos de duración, "Naufraxios" é unha curtametraxe  realizada integramente por un grupo de alumnos do curso de acceso 2012-13 da Escola de Actrices e Actores de Narón.

Escrito e dirixido por Ángel Ferreira, compositor tamén da banda sonora, conta ademais na dirección con Mar García e Miguel Castro, e producido por EmecE Audiovisual.
Está protagonizado por Fran Muíño e Ana Queipo, participan tamén Alba Lamas, Adelaida Abad, Mar García, Víctor Fernández, Benigno Suárez, Cris Pitín, Julia Rodríguez e Lola Sanmartín.

Argumento:
Íñigo Sandoval, antaño poeta de certo renome, atravesa unha etapa de esterilidade creativa. Malvive somerxido na noite e o alcohol intentando escribir versos que non atopa, ata que entra na súa vida Dafne, unha misteriosa moza que espertará de novo inspiración. Con ela planea publicar unha obra conxunta, pero Dafne prefire voar pola súa conta.


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails