Presentación do libro "Perdemos o tren. As claves políticas do atraso", Xoves 12 ás 19,30 h.


 

Presentación do libro 
"Perdemos o tren. As claves políticas do atraso"
o xoves 12 de xuño ás 19,30 horas no Ateneo Ferrolán.

Galiza perde o tren –teremos un tren de alta velocidade de conexión coa Meseta case trinta anos despois de que o AVE chegase a Sevilla– porque así o decidiron os sucesivos gobernos do estado e non pola nosa climatoloxía, orografía, dispersión da poboación ou dificultades técnicas. As liñas Ourense-Vigo e A Coruña-Ferrol quedan para despois de 2021 e non temos tren de proximidade.
Non se pode entender este atraso sen analizar as súas raíces: a decisión política que toma o Goberno de Felipe González en 1993 coa aprobación do PDI, que deixa Galiza fóra da alta velocidade e as decisións que toma o Goberno de Aznar desde 1996 proxectando para Galiza un tren de terceira categoría. Esa vontade política reflíctese nos Orzamentos do Estado onde as partidas para o tren galego son practicamente inexistentes até o ano 2002. Foron as concorridas e exemplares mobilizacións cívicas que protagonizou a sociedade galega despois da catástrofe do “Prestige” as que cambiaron o rumbo e forzaron a aprobación do chamado Plan Galicia, que cambiou radicalmente os proxectos ferroviarios.
O libro recolle a pouca credibilidade dalgúns gobernantes que durante anos mantiveron o ano 2006 como referencia para a chegada da alta velocidade, despois o 2010, despois 2012, despois 2015, e despois...nin se sabe, enganando á cidadanía galega co único obxectivo de conseguir máis votos.
Soportamos durante anos numerosas promesas e mentiras apoiadas en campañas de propaganda pagadas pola Xunta e o goberno. Os acordos do Parlamento de Galicia e do Congreso dos Deputados foron sistematicamente incumpridos ou boicoteados. Hai que acabar con esta farsa.

ÍNDICE

Limiar

1. O TREN EN GALIZA
1.1. A chegada da primeira locomotora

1.2. Dos carrilanos aos traballadores portugueses

1.3. Do Talgo ao tren que “voa”

1.4. O tren como aposta de futuro

2. AS RAÍCES DO ATRASO

2.1. Plan Director de Infraestruturas (PDI) 1993-2007

2.2. Plan de Infraestruturas 2000-2007

2.3. Os Fondos Estruturais e de Cohesión da Comunidade Europea e as
Infraestruturas galegas

2.4. PDR (1994-1999), PEDEGA e PDIG

2.5. Convenios e máis convenios. A opinión de especialistas e técnicos
2.6. Francisco Vázquez e a alta velocidade

2.7. Debate sobre o Tren de Alta Velocidade en Galiza

2.7.1. Que entendemos por tren de alta velocidade?

2.7.2. A entrada en Galiza do TAV e o enfrontamento das “tribos” galegas

2.7.3. Tráfico mixto ou só de pasaxeiros?

3. O “PRESTIGE” E O CAMBIO DE RUMBO

3.1. O Plan Galicia

3.2. E chegou Magdalena Álvarez

3.3. Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT) 2005-2020

4. AS LIÑAS FERROVIARIAS GALEGAS

4.1. Eixo Atlántico: “Rapidiño Galego”

4.1.1. A Coruña-Ferrol

4.1.2. A Coruña-Santiago

4.1.3. Santiago-Vilagarcía

4.1.4. Vilagarcía-Pontevedra

4.1.5. Pontevedra-Vigo

4.1.6. A conexión con Portugal: Vigo-Porto

4.2. O tren de alta velocidade (TAV) en Galiza

4.2.1. Lubián-Ourense. A chegada á cidade de Ourense

4.2.2. Ourense-Santiago.

4.2.3. Ourense-Vigo

4.2.4. A conexión con Madrid: Lubián-Olmedo

4.3. O nó ferroviario de Monforte

4.3.1. O acceso León-Monforte

4.3.2. Ourense-Monforte

4.3.3. O porto seco de Monforte
5. O AVE NO ESTADO ESPAÑOL

5.1. Madrid-Sevilla

5.2. Madrid-Barcelona

5.3. Madrid-Valencia

5.4. “Y” vasco

5.5. Madrid-Xixón. A variante de Pajares
6. A MOBILIZACIÓN CÍVICA

6.1. O abandono do tren de proximidade

6.1.1. Compañía Ferroviaria Galega

6.1.2. Recorte de servizos e peche de estacións

6.2. As plataformas galegas en defensa do ferrocarril

7. QUEN DEFENDE A GALIZA?

7.1. Debate sobre el estado de la nación

7.2. Comparecencia da ministra Magdalena Álvarez na comisión de Fomento do Congreso

7.3. A subcomisión de seguimento das infraestruturas

8. PARA CANDO A FINALIZACIÓN DAS OBRAS?

8.1. O “horizonte” de Touriño e Zapatero

8.2. Os Orzamentos Xerais do Estado e o peso político de Galiza

8.3. A confirmación da farsa

8.4. Despois do cambio na Xunta. O Pacto do Obradoiro

8.5. O PP chega á Moncloa: o TAV para o 2018

9. O ACCIDENTE DE ANGROIS: A ALTA VELOCIDADE NON FUNCIONA

9.1. Por que se produce o accidente?
9.2. Os dous últimos minutos da viaxe segundo a caixa negra
9.3. Funcionou a coordinación?
9.4. Comparecencias da ministra e dos responsábeis de RENFE e ADIF
9.5. Medidas preventivas despois do accidente
9.6. Opinións e valoracións
9.7. Esixir responsabilidades. O informe do xefe de maquinistas de Ourense

10. OPINIÓNS SOBRE O TREN DE ALTA VELOCIDADE

11. ALGUNHAS CONCLUSIÓNS

12. APÉNDICE

12.1. Promesas e propaganda

12.2. Accidentes, desprendementos, descarrilamentos...

12.3. Protagonistas e frases para a lembranza

12.4. Cronoloxía

12.5. Titulares

12.6. Siglas

12.7. Índice onomástico

12.8. Relación de artigos de opinión do autor sobre o tren e as infraestruturas

 
Dados biográficos
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico.
En 1999 publica o libro Autovías galegas. Crónica dunha farsa; en 2003 A Coruña de Paco Vázquez; en 2007 Outra Coruña é posíbel; en 2010 A historia secuestrada polo franquismo e en 2013 O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista.
Colaborador con artigos de opinión en diversos medios de comunicación onde publicou máis de vinte traballos sobre as infraestruturas galegas, un deles Perdemos o tren en 1999.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails