En Concerto: Tato Lopez & Cia. Sábado día 18 ás 20,30 h.

En Concerto: Tato Lopez & Cia
espectáculo musical da rede Músicos ao Vivo:
 "Ritmo de Arena"
Sábado día 18 de outubro de 2014 ás 20,30 h.
Entrada: Soci@s: 3 € / Non Soci@s: 5 €

"Ritmo de Arena" e unha viaxe, unha recreación musical de diferentes atmósferas compostas de musica de fusión e textos con contido social,tamén e a celebración da multiculturalidad, pois Tato López propon paisaxes musicais que van dende o tango ao blues, o do swing ao son cubano, convirtindo este proxecto nunha fusión de música de autor cun sabor único.


Percorre as principais salas da península, dende o “Dado Dada”(Santiago), "Galileo Galilei, "Liberdade 8" (Madrid), etc... ata diferentes escenarios como o "Festival Barnasants" (Barcelona), o máis importante evento de canción de autor mundial compartindo cartel con Pedro Guerra o L.E. Aute, entre outros. As súas cancións estiveron no 2013 en toda a xeografía española e neste verán, viaxará a latinoamérica, máis concretamente a Bos Aires para presentar alí a súa música.


Compartiu escenario con xente da Nueva troba cubana, como Karel García e Yhosvany Palma, e doutros ámbitos, como Silvia Penide, Pascuala Ilabaca, Gustavo Almeida, entre outros.


Un dos cantautores máis destacados do momento en Galicia, cautiva pola súa orixinalidade e frescura dos seus concertos.




0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails