Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán



 Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán
 

O vindeiro luns, 10 de novembro, ás 20:30 horas terá lugar na biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, o acto de entrega da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán.
Con este acto, o Ateneo Ferrolán quere agradecer a José María López Dafonte a súa xenerosidade e cooperación na tarefa de recuperar o noso patrimonio cultural e poñelo a disposición de todo o público. Pola súa parte, e malia os atrancos, o Ateneo continúa mantendo o seu compromiso coa defensa da nosa cultura e do noso patrimonio cultural.
A cesión de José María López Dafonte está composta por numerosas publicacións editadas en Ferrol e documentación orixinal de diversas institucións escolares que existiron na nosa cidade, nas que tiña participado o seu antepasado Andrés López Otero.
En concreto trátase de documentos e libros pertencentes aos séculos XIX,XX e XXI, cuxo eixo vertebrador é a educación e a cultura, destacando pola súa variedade: "O barco-peixe", de Monturiol ata guías turísticas en torno a Galicia pertencentes á ditadura de Primo de Rivera do mesmo xeito que un exemplar da época da Constitución española de 1931 e prensa en torno á II República e ao Franquismo, diferentes catálogos de Institutos Técnicos de Galicia; régimines internos de Centros de Galicia, nas que destaca o Colexio "Dequidt" da Coruña; estudos realizados en torno a Galicia de diferentes universidades españolas.
En canto a Ferrol, documentación da Sociedade Española de Construción Naval e de xeito especial as súas escolas (diurnas e nocturnas), viaxe de estudos a ParIs en 1930 de Carmen Castrillón, do mesmo xeito das viaxes realizadas polo seu director e concelleiro republicano Andrés López Otero a Barcelona,Madrid y Tarrasa. Documentación en torno ao seu fillo, Andrés López Dafonte, tamén director das Escolas da S.E de Construción Naval, profesor da Escola Elemental do Traballo, socio da Liga Racionalista e fundador da "Academia "Dafonte". Documentación exhaustiva relacionada coa Escola de Artes E Oficios e da Escola Elemental do Traballo de Ferrol y Reglamentos do Corpo de Máquinas da Armada do ano 1915.
Esta cesión é un conxunto documental de grande interese que está xa a disposición do público e que enriquece o fondo local da nosa biblioteca-hemeroteca.


















0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails