Presentación do libro: "Del Amor" de Ricardo Mella. Xoves día 13 ás 19 h.



 













O xoves día 13 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán presentación do libro:
 "Del Amor" de Ricardo Mella. 

Organiza Unión Libertaria. Entrada libre.
 

Tal e como anunciaramos en abril...ESTA SEMANA...ACCIÓN LIBERTARIA II presenta o libro 
DEL AMOR, RICARDO MELLA.

O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra.

Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.

Desta sorte, a primeira parada destes parrafeos será o mércores 12 en Betanzos na Libraría Biblos, continuamos a viaxe e o xoves 13 xunto con Unión Libertaria apeámonos en Ferrol para visitar o lendario Ateneo Ferrolán. O venres 14 a parada terá lugar en Vigo na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, onde entre moitas outras mulleres e homes estudaron as irmáns Alianza, Esperanza, Urania e Luz. Finalmente, o peche deste traxecto será na emblemática Taberna Marrucho en Baiona para podermos celebrar o 15 de novembro o aniversario de Urania a carón da súa familia e coas actuacións da banda folk A Bagunda e do home máquina do ragga galego, Xenderal.

"Sen o amor non habería artistas. Sen a curiosidade, non habería ciencia.
 

Sen as necesidades da vida, non habería traballo, non habería sociedade, non habería persoa. Sen o desexo de pracer, o mundo converteríase nun inmenso cemiterio" Ricardo Mella

"Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis, porque os ataques están sendo máis sutís, máis cheos de argumentos, de falsa erudición, en nome do Progreso ou dunha incerta Irmandade Universal que só avanza cara á uniformidade tecnolóxica. Está en xogo a nosa supervivencia, e non só como Pobo, senón como seres humanos"
Lois Pereiro, "Modesta Proposición"


Gallaecia, novembro 2014

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails