Presentación da IV ACCIÓN INTERNACIONAL: “CORPO E TERRITORIO” Mércores 18 ás 19,30 h.

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convídavos á presentación da nosa 
IV ACCIÓN INTERNACIONAL, baixo o lema: 
“CORPO E TERRITORIO”
Este mércores 18 de marzo ás 19,30h. no Ateneo Ferrolán
 Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de mulleres.  Comezou no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano 2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de outubro.
Convidámosvos a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a esta Caravana no seu paso por Galiza
Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO 
e teremos bebida e algúns petiscos
MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails