"O Pack Cósmico", unha triloxía de microteatro. Venres día 17 ás 20 h.

Presentación: "O Pack Cósmico", unha triloxía de microteatro escrita e dirixida por Mario Iglesias e interpretada por: 
Sé Rial, María Salgueiro e Xosé Manuel Esperante.

o venres día 17 de abril  ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Prezo: Soci@s 4 € e Non Soci@s 6 €

O Pack Cósmico” é unha triloxía de microteatro, 
composta polas seguintes pezas:

 “O que ten cú ten medo”, os socios internacionais do presidente do goberno, en especial os membros do club “Bilderberg”, proporcionanlle a este un enxeño capaz de combater a crise.


“A coincidencia cósmica”, dúas secretarias descobren que desde hai un anaco fan e din exactamente as mesmas cousas.

 
 “O cataclismo”, o presidente do país ten algo que comunicar ao seu persoal, o mundo enteiro está a piques de sufrir un cataclismo que reducirá o planeta a po e cinza se ninguén fai nada.


Premio Pusadiño 2013 ao mellor espectáculo teatral (Pousada das Ánimas, Boiro 2013)



Máis información en:
https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36RUDdSdGRkYzNYbDQ/view

www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/o-pack-cosmico-teatro-desmontable-do-director-de-cine-mario-iglesias


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails