Presentación libro "O reloxo". Xoves 18 de febreiro ás 18 h.



Presentación libro "O reloxo" 
escrito por Juana M Vera Meizoso e ilustrado por Eneko las Heras (Eneko)

O xoves día 18 de febreiro ás 18 h. no salón de actos do Ateneo


"O reloxo" é unha historia de luces e sombras, sumas e restas, das que nacen as horas, os números, o tempo e os soños. O seu protagonista está caracterizado pola súa constancia, o seu valor e o seu soño.

Historia na liña de Alicia no País das Marabillas ou de O Principiño, "O reloxo" conmove e foi escrito para persoas entre cinco e 105 anos.

Finalista do Premio Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada, Apel-Lles Mestres, na súa versión en cor.

Foi exposto, no ano 2014, tamén na súa versión en cor, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e no Centro Torrente Ballester de Ferrol, no ano 2013.

Na súa versión en branco e negro, tamén ilustrada por Eneko Las Heras, "O reloxo", foi exposto no Museo de Instrumentos de Música de Berlín, no marco do Primeiro Congreso Internacional de Música, Matemáticas e Computación.

A autora, Juana M Vera Meizoso, tamén foi Finalista do Premio Nacional de Poesía Adonáis, 1995, co manuscrito Líneas. Publicou a obra Fantasía, Orach, 2009 e A nena dos toxos e o Deus do Barco no número 203 de la Revista Grial.

O ilustrador, Eneko Las Heras, quen asina as súas ilustracións como Eneko, traballa para o diario 20 minutos de Madrid, para revista El Jueves e para a revista Interview. Eneko Las Heras ten unha sólida traxectoria nacional e internacional como ilustrador, e tamén como pintor.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails