Proxección "El último rally" de José Antonio Jiménez. Venres día 8 ás 19,30 h.


Proxección documental de 83 ' sobre o piloto de rallyes Carlos Piñeiro titulado

"El último rally" de José Antonio Jiménez
venres día 8 de abril ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo con entrada libre.

Un dos mellores pilotos galegos de todos os tempos, o coruñés Carlos Piñeiro (falecido o 16 de decembro de 2012) recibirá unha merecida homenaxe en forma de documental que narrará a súa historia e traxectoria.
Con testemuños de familiares, compañeiros e rivais daquela época dourada do automobilismo galego, entre eles Beny Fernández, Iván Corral,
e Marc Etchebers, o filme, dirixido por José Antonio Jiménez, estrearase o próximo 8 de abril en Ferrol, a partir das 19,30 horas.
 
Sen dúbida un fantástico recordo a un piloto que cultivou grandes éxitos 
tanto a nivel galego como a nivel estatal.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails