Charla informativa: "Clausulas chan". Luns 30 de xaneiro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.1.17
Charla informativa: "Clausulas chan"
Este luns día 30 de xaneiro ás 20 h. no #Ateneo. Entrada libre.
Charla informativa aberta á cidadanía sobre as cláusulas CHAN.
Que son?.
Cómo detectalas nos contratos?.
Canles de reclamación.
Etiquetas: Coloquios, Municipalismo
Presentación do libro "Bestiario do vestiario" de Martiño Suárez. Venres 27 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.1.17
Presentación do libro Bestiario do vestiario, de Martiño Suárez, editado por Carlos Meixide. O grupo Grampoder interpretará un miniconcerto con cancións dedicadas ao deporte.
Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...
Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/207466569715982/
Etiquetas: Actividades, Concertos, Libros, Presentacións
Presentación do libro "Amada García e os seus arredores". Xoves 26 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.1.17
Xoves día 26 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Presentación do libro
"Amada García e os seus arredores" de Bernardo Maiz Vázquez.
Edicións Embora
Intervirán: Miguel Toval, Xoán Rubia, Amada Toimil e o autor Bernardo Maiz.
"Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico.
Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción.
Bernardo Maiz Vázquez (1950), catedrático xubilado, doutor en historia, é recoñecido como pioneiro e como traballador infatigable na investigación do tempo histórico contemporáne da Galiza e no estudo do patrimonio marítimo. Por tal condición no ano 2010 recibiu o Premio Manuel Murguía ao labor e Mérito Historiográfico da Asociación Galega de Historiadores.
Etiquetas: Conferencias, Letras, Libros, Memoria Histórica, Novidades, Presentacións
Charla "Querela Arxentina. Unha fenda á impunidade franquista" . Martes 24 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.1.17
Martes día 24 de xaneiro ás 20 h.
no salón de actos do #AteneoFerrolán
Charla "Querela Arxentina. Unha fenda á impunidade franquista"
que impartirá Esther López Barceló, responsable da Memoria Democrática de IU.
Organiza: Esquerda Unida Ferrol
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1313739628648949/
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Debates, Memoria Histórica, Politica
Exposicións vixentes xaneiro 2017 no edificio Ateneo
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 9.1.17
Exposicións vixentes en xaneiro 2017 no edificio #AteneoFerrolán
Axenda de Exposicións
Horario de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h. de luns a venres
sábados de 10 a 14 h.
Feirón permanente do libro usado!
Lévate un libro ou un cartel e colabora con esta entidade.
Doazón mínima 1 €.
#SomosCultura #SalvemosoAteneo
Exposición de Libros "Reciclar Cultura" na Biblioteca - Hemeroteca
Recinor (Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L.) inaugurou a exposición de libros “Reciclar Cultura” na Biblioiteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.
Dita mostra é parte da doazón de libros que a empresa regalou a esta entidade recuperados dos contedores de entullos que chegaron a nosa planta de reciclaxe, máis de 2.500 libros.
Entre os libros que se poderán ver na exposición hai obras dos séculos XVIII e XIX de Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Casdemiro, Ourense,1676 - Oviedo, 1764).
Ate o 15 de xaneiro na entrada do #Ateneo teremos expostos unha serie de cadros doados solidariamente por divers@s artistas.
Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!
Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:
Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto,
Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez,
Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Victor Rey Grande e Xaquín Marin.
Exposición Paneis Fotografías
Esta primeira exposición está composta por sete paneis fotográficos que pretenden reflexar o día a día do Ateneo Ferrolán. Os paneis que temos percorren as Instalacións, as actividades varias, a Música, o teatro, as distintas Publicacións, o Constantino Bellón e un panel que pretende facer un pequeno percorrido histórico. Non están todas actividades nin están todos os colectivos simplemente por que necesitaríamos outros oito paneis como mínimo para que entrara todo. Ademais temos unha montaxe con moitas das persoas solidarias que colaboraron na campaña Salvemos o Ateneo.
Unha mostra realizada por once alumnos que participan no Programa de Inclusión Social de Personas Sin Hogar de Cáritas e que conta coa colaboración
de seis fotógrafos ferroláns.
A exposición está composta por
máis de 60
fotografías.
Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo
do 15 de decembro ao 31 de xaneiro de 2017
Mostra de fotografías de Oscar Millarengo realizadas na cidade.
Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados
"Desde que soy lector" representa unha mirada á diversidade a través da fotografía: o libro, a lectura e as distintas formas de ler e interpretar o mundo a través do obxectivo do fotógrafo Pablo Prados.
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Ferrol, Fotografía, Libros
Estrea do proxecto audiovisual "Sorpresa en las oposiciones". Venres 13 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.1.17
Estrea do proxecto audiovisual "Sorpresa en las oposiciones"
venres 13 de xaneiro de 2017 ás 20 h.
no salón de actos do #Ateneo
entrada libre
Este proxecto é unha mediometraxe coas seguintes características:
Título: SORPRESA EN LAS OPOSICIONES
Director: Manuel G Bonome
Guión: Manuel G. Bonome y Paco Torregrosa Regueiro
Intérpretes: Iván Castro, Miriam Rodríguez, José L. Martín García y Águeda Martinez Rodríguez
Xénero: Ficción
Imaxe: Full HD
Duración 32 min 30 s
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Cine, Cultura, Curtametraxes
Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar". Luns 23 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.1.17
Mesa Redonda: "Visibilidade, pobreza e realidade das persoas sen fogar"
Luns día 23 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Intervirán:
* Xulia Díaz Sixto (Club de Prensa)
* Carmela Primo (Educadora Social)
*Xosé Cuns Traba (EAPN Rede Galega)
Ciclo Conferencias "Ferrolterra presente e futuro"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.1.17
A
A.C. FUCO BUXÁN convídate ó ciclo de conferencias-debate que
leva por título FERROLTERRA,
PRESENTE E FUTURO, unha análise da nosa realidade dende una
perspectiva progresista e de esquerdas.
Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no
Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.
Có devandito ciclo a A.C. FUCO BUXÁN pretende
contribuir ó
debate
sobre
a
profunda
crise
na
que
está
inmersa
a
nosa bisbarra
e
na
procura
de
solucións
por
parte
de
tod@s,
polo que a túa presenza e
participación é importante no coloquio posterior. A tal fin
convidaremos ás forzas da esquerda do noso país que presentarán as
súas alternativas i escoitar as voces da
cidadanía.
Etiquetas: Debates, Municipalismo, Politica
Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia. Luns 9 xaneiro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.1.17
Quérennos en soidade, terannos en común”
Palestra-Coloquio da Asembleia Aberta de Coia
Tamén proxectarase a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma.
Poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.
Para abordar todo isto e moito máis contaremos con activistas da Asembleia Aberta de Coia.
Esta actividade, organizada pola Asembleia Aberta de Coia, está enmarcada na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Debates
Este nadal agasalla ... pack Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.1.17
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade
Debuxo de Xoán Braxe cedido solidariamente para o deseño da bolsa!
Síguenos:
@ateneoferrolan
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/
Etiquetas: Cultura
Presentación do libro: 'Manuel de la Cruz alias "Sopiñas", ¿capitán de bandoleros o comerciante ferrolano?. Martes día 3 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.1.17
Martes día 3 de xaneiro de 2017 ás 19 h. no salón de actos do #AteneoFerrolán.
Organiza: Edicións Embora. Entrada libre.
Presentación do libro:
'Manuel de la Cruz alias "Sopiñas", ¿capitán de bandoleros o comerciante ferrolano?
de Manuela Santalla e Juan Carlos Rico.
A presentación correrá a cargo do escritor Guillermo Ferrández
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Letras, Novas