Ciclo Conferencias "Ferrolterra presente e futuro"


A A.C. FUCO BUXÁN convídate ó ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO, unha análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X. FERNÁNDEZ LEICEAGA, e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Có devandito ciclo a A.C. FUCO BUXÁN pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s, polo que a túa presenza e participación é importante no coloquio posterior. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails