Exposicións vixentes xaneiro 2017 no edificio Ateneo

Exposicións vixentes en xaneiro 2017 no edificio #AteneoFerrolán 

Axenda de Exposicións

Horario de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h. de luns a venres
sábados de 10 a 14 h.


FEIRÓN do Libro Usado 

Feirón permanente do libro usado!

Lévate un libro ou un cartel e colabora con esta entidade. 
Doazón mínima 1 €​.

#SomosCultura #SalvemosoAteneo



Exposición de Libros "Reciclar Cultura" na Biblioteca - Hemeroteca 

Recinor (Reciclaje de Inertes del Noroeste S.L.) inaugurou a exposición de libros “Reciclar Cultura” na Biblioiteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán. 

Dita mostra é parte da doazón de libros que a empresa regalou a esta entidade recuperados dos contedores de entullos que chegaron a nosa planta de reciclaxe, máis de 2.500 libros.

Entre os libros que se poderán ver na exposición hai obras dos séculos XVIII e XIX de Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Casdemiro, Ourense,1676 - Oviedo, 1764).




Ate o 15 de xaneiro na entrada do ‪#‎Ateneo‬ teremos expostos unha serie de cadros  doados solidariamente por divers@s artistas.

Pásate!!! Merca un cadro e colabora co Ateneo Ferrolán !!!!

Artistas Solidarios Participantes desta iniciativa:

Alejos, Alfonso Costa, Alfredo Erias, Alicia Seoane, Angeles Jorreto, 

Anna M. Constanseu, Antón Sobral, Anxo Alvarez, Carlos Pereira Martínez, 
Carmela Cagiao, Carmen Martín, Carolina Martínez, Celestino Poza, Delio Sánchez, Edu Pereira, Emilio Celeiro, Enrique Castro Piñeiro, Fátima Fernández, Fernando Ocampo, Fernando Maceira, Isabel Pintado, Luis Mazorra, Luis Rapela, María Piensos, María Vilanova, M.ª Luisa Rojo-Novais, M.ª José Leira, Miguel Anxo Varela, Miguel Navarro Salinas, Noemí Lorenzo Pérez, María Leal, Teresa Candal, Teresa Fagiras, Pedro Perico, Ramón Astray, Raquel Castro Torrado, Rosa Guisán, Spela Trobec, Victor Rey Grande e Xaquín Marin.


Exposición Paneis Fotografías



Esta primeira exposición está composta por sete paneis fotográficos que pretenden reflexar o día a día do Ateneo Ferrolán. Os paneis que temos percorren as Instalacións, as actividades varias, a Música, o teatro, as distintas Publicacións, o Constantino Bellón e un panel que pretende facer un pequeno percorrido histórico. Non están todas actividades nin están todos os colectivos simplemente por que necesitaríamos outros oito paneis como mínimo para que entrara todo. Ademais temos unha montaxe con moitas das persoas solidarias que colaboraron na campaña Salvemos o Ateneo.



Proxecto Fotográfico 2016 “HAZME VISIBLE”

Unha ​mostra  realizada por once alumnos que participan no Programa de Inclusión Social de Personas Sin Hogar de Cáritas e que conta coa colaboración 
​de seis fotógrafos ferroláns.
 A exposición está composta por 
​máis de ​​60​ 
fotografías.



Exposición Fotográfica "Ferrol Molla" de Oscar Millarengo

do 15 de decembro ao 31 de xaneiro de 2017 

Mostra de fotografías de Oscar Millarengo realizadas na cidade. 







Exposición Fotográfica "Desde que soy lector" de Pablo Prados

"Desde que soy lector" representa unha mirada á diversidade a través da fotografía: o libro, a lectura e as distintas formas de ler e interpretar o mundo a través do obxectivo do fotógrafo Pablo Prados.


0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails