Proxección do documental "23" e Coloquio. Xoves 23 de febreiro ás 19 h.


O Ateneo Ferrolán proxectará  o documental "23" 
o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19 h.

Este documental non chegou nunca a emitirse nin proxectarse en ningures. 

"No documental "23" queremos contar as vivencias e experiencias da tardiña do 23 de febreiro de 1981 cun grupo de vinte e tres homes e mulleres que aparecían nas listas negras elaboradas pola  ultradereita. Aquela noite os concellos das cidades galegas estiveron abertos, ocupados por concelleiros de esquerdas e do nacionalismo galego. Probablemente nunca saberemos quen elaborou as famosas listas negras, que saíron publicadas por primeira vez en febreiro de 1991 en La Voz de Galicia."

Posteriormente realizarase un coloquio sobre o tema. O coloquio contará coa participación da directora do documental, Helena Villares, e con dous dos protagonistas, Rafael Pillado Lista e Bernardo Máiz Vázquez.

O documental, producido por Nemedón Producións Audiovisuais, gravouse no ano 2010. A idea orixinal e o guión correron a cargo de Pilar Faxil e Helena Villares. Participaron no documental Mariano Abalo Costa, Pilar Allegue Aguete, Pedro Arias,  Miguel Cancio, Francisco Carballo, Marisa Domínguez, Alfredo Fernández, Manuela Fraguela Seoane, Xosé Manuel García Crego, Pilar García Negro, Chefa Hermo Ínsua, Ramón Lorenzo, Bernardo Máiz Vázquez, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Muruzábal Arlegui, Rafael Pillado Lista, María Xosé Queizán, Manuel Rivas Barros, Xosé María Rivera Arnoso, Francisco Rodríguez Sánchez, Elvira Souto Presedo, Miguel Vázquez Calvo e Francisco Villanueva.


A proxección e posterior coloquio decorrerán o xoves 23 de febreiro de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

O evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1855663611389427/

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails