IV Xornadas de Documentación 
«Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias»

Os medios de comunicación social nas IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

Ferrol, 23 de novembro de 2017.— O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 14 e o venres 15 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as IV Xornadas de Documentación «Medios de comunicación social, medios sociais: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

O desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación supor un cambio no paradigma comunicativo, configurando un novo sistema de información dos medios convencionais ao incorporar unha nova interacción coa sociedade, unhas novas redes sociais.
A presente voracidade informativa evidencia a importancia do manexo, directa ou indirectamente, das técnicas documentais, e son os profesionais que, grazas a súa formación e as habilidades adquiridas na praxe laboral, fan fronte ao vórtice informativo demandado polas masas.
Polo tanto, achegar á cidadanía a realidade cotiá do traballo das institucións e profesionais dos medios de comunicación social, constitúe a finalidade das IV Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán.

Presentación das xornadas polo Concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

O xornalista e director fundacional do Diario de Ferrol Germán Castro Tomé, impartirá a conferencia inaugural baixo o título “Da información de boa fe ao xornalismo documentado”.

Pola súa banda, Marta Corral, xornalista de Ferrol360, disertará sobre o novo xornalismo dixital no eido local.

Para rematar o primeiro día das xornadas, José Pardo Vázquez, fotógrafo, centrará o seu relatorio nas súa experiencia profesional: “Do fotoxornalismo local á fotografía arqueolóxica en Palestina”

Ao día seguinte, a comunicadora da Radio COPE Ferrol, Ada Romero Sixto, abordará “A radio como medio de comunicación social. 50 anos de COPE Ferrol”.

A continuación, Xoán Porto, documentalista, “Memoria e arquivo nos medios sociais”, sobre a crecente importancia de xestionar a información persoal que compartimos de forma pública nas redes sociais centralizadas pertencentes a corporacións privadas como Google, Facebook ou Twitter

Carmen Rial, Arquiveira do Estado, pechará as xornadas cunha charla sobre a visión non oficial da arquivística e os arquivos militares en Twitter.


As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan as distintas institucións e profesinais no ámbito da arquivística, a biblioteconomía e a documentación.

Máis información


 Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails