Presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas. Xoves 10 de maio ás 19,30 h.


O xoves 10 de maio, 2018, ás 19,30 horas, no Ateneo Ferrolán 
presentación do libro "Contra todo isto. Un manifesto rebelde" de Manuel Rivas

Organiza Fuco Buxán
O escritor galego Manuel Rivas recompilou en "Contra todo isto: un manifesto rebelde" unha antoloxía de textos escritos "cun sentimento de vergoña" polo actual "tempo de distopía", na que se defende a "importancia das palabras".
"Hoxe en día hai unha maior capacidade de contaminación das palabras, que son vítimas. De feito, están a ser penalizadas, como en España, onde parece que hai unha obsesión por controlar ata as coplas", ironizou nunha entrevista o autor.
Rivas fala desa "penalización" da liberdade de expresión que se está vivindo en España, pero alertando de que se trata dun país "cuxa sociedade foi moi sensible á vergoña historicamente".

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails