Temos Lotaría de Nadal nº 78516


Temos Lotaría de Nadal nº 78516

Merca a túa participación e colabora co Ateneo!

Ateneo Ferrolán: Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade!

Presentación "22 Sonetos de los sentimientos oscuros". Venres día 30 de novembro ás 19 h.


Presentación "22 Sonetos de los sentimientos oscuros" de
Rafael Malvido Díaz. Con ilustracións de Sofía Piñeiro.

Venres día 30 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán

Editorial Círculo Rojo

O mariño e escritor ferrolán, nacido en San Felipe, Rafael Malvido ten moi presentes as súas raíces. Os lugares que máis lle inspiran para escribir están relacionados co mar.-Posiblemente Punta Penencia sexa o lugar que máis me inspire. Ten que estar presente o mar, o encontro da terra co mar, a praia, as ondas... Eu crieime en San Felipe, e desde pequeno tiña un bote de remos e ía pescar, entón teño o privilexio de haber nado e crecido nunha contorna natural.

Teño unha imprimación dese neno que fun que estaba en contacto coa natureza e os elementos. Nesa contorna sinto moi a gusto, teño unha unión mística coa natureza.


Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores 28 de novembro ás 19,30 h.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:



En reunión de Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2018, resolveuse o seguinte:



Nomear a candidatura á Xunta Directiva da entidade cultural Ateneo Ferrolán, composta por:


Presidente: Francisco Javier Montero Dongil

Vicepresidente: Luis Calvo Teijo

* Tesoureria: Sonia Mauriz Pereira *

Contador: Ana Pernas Marquez

Secretaria: Angeles Delgado Pérez

Bibliotecario: Alejandro Rey López

Vogais:

Florentino Martínez Vazquez

Anxeles Seoane Fernandez

* Con data 06.02.2019 na reunión da Xunta Directiva 

Acórdase: Nomear a Florentino Martínez Vázquez como Tesoureiro desta entidade en sustitución de Sonia Mauriz Pereira, ao asumir ésta unha nova responsabilidad en política que podría ser funcionalmente incompatible 

.........................................................................................................................................................

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o
mércores día 28 de novembro de 2018 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Xestora
3.- Informe económico da Xunta Xestora
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva


O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:


16 de outubro - Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións
18 de outubro - Último día para Constitución da Mesa Electoral
26 de outubro - Inicio prazo para presentación de Candidaturas
5 de novembro - Último día para presentación de Candidaturas
12 de novembro - Proclamación de Candidaturas
14 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
28 de novembro - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta Directiva


No período da Campaña Electoral (entre os días 14 e 27 de novembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolvela súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,

Asdo.- A Xunta Xestora


Ferrol 11 de outubro de 2018

VI Xornadas AGAMME «Nenas, nenos e adolescentes nas fronteiras de Europa». Venres 23 de novembro ás 17 h.


Agamme. Asociación Galega contra o Maltrato a Menores celebra as súas VI Xornadas centradas na situación das «Nenas, nenos e adolescentes nas fronteiras de Europa». 
O acto terá lugar no Ateneo Ferrolan o venres 23 de novembro ás 17:00.

Nesta ocasión a xornada pretende salientar a dramática situación dos nenos, nenas e adolescentes que están a chegar ás fronteiras de Europa fuxindo da guerra, do empobrecemento e a desnutrición extremas dos seus lugares de orixe.
Crianzas desaparecidas dos centros de persoas refuxiadas en territorio comunitario, captadas por redes de trata, centros de menores non acompañados-as saturados, adolescentes vivindo na rúa en grandes ciudades europeas, nenos e nenas de curta idade que tentan suicidarse en centros de refuxiados. Os centos de menores de idade que perden a vida nas rotas terrestres e marítimas. Este é o escenario do que parte esta VI Xornada, que ten por título “Nenos, nenas e adolescentes nas fronteiras de Europa. Unha revisión dende a perspectiva de dereitos de infancia”.
O primeiro relatorio correrá a cargo de Xabier Ron, membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa fundación, docente, activista e militante de Esquerda Unida.
A continuación intervirá Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo polo BNG - Bloque Nacionalista Galego, membro da Comisión de Inmigración, embarcada no buque Proactiva Open Armsdurante a crise do Aquarius.
Finalizará a quenda de intervencións José Palazón, presidente da Asociación PRODEIN, que leva décadas denunciando a situación dos nenos, nenas e adolescentes non acompañados-as en Ceuta e Melilla e as condicións nas que se atopan os centros de menores destas ciudades.
Para finalizar o evento abrirase un coloquio.

Presentación de "Galicia no labirinto da nova política" . Xoves 22 de novembro ás 19,30 h.


O xoves 22 de novembro, ás 19:30h, terá lugar no Ateneo Ferrolán a 
presentación de "Galicia no labirinto da nova política" de Xoán Hermida González. 

Estarán acompañando ao autor 
Bernardo Lorenzo Cuétara e Bárbara Primo.

Editorial Galaxia


Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro, Xoán Hermida González analiza as organizacións que se orixinaron nas correntes altermundistas, colleron forza nos movementos Nunca Máis e 15M e materializáronse nas Mareas, que hoxe detentan o poder municipal en non poucos concellos de Galicia e xa son unha forza determinante no espazo sempre en movemento da esquerda en Galicia. Unha análise profunda sobre unhas plataformas que naceron para mudar o panorama político de xeito irreversible.

Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”. Ate o 30 de novembro.


Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”.
Do 31 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo

Imaxes que explican o antes e o despois do barrio de A Magdalena 
nestes dez anos.

Presentación libro "Yo siendo otra" de Randi E. Montero. Xoves 15 de novembro ás 19,30 h.



Presentación libro "Yo siendo otra" de Randi E. Montero.
Xoves día 15 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Unha cuestión de Xénero. Identidade sexual. 
Unha reivindicación sobre a liberdade persoal de decidir ser quen queres ser, partindo en grao sumo íntimo de cada persoa. Libre sen xuízos, sen condicionamentos externos.

Randi E. Montero, nado na cidade de Lugo e fundador da compañía 
teatral Parápono Teatro.

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas. Venres 16 de novembro de 18 a 20 h.

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas

Venres día 16 de novembro de 18 a 20 h. 

Apúntate antes do 14 de novembro 

Taller de construción de monicreques para nenos e nenas 
de dúas horas de duración. 
As idades de 6 a 12 anos (máximo 30 alumn@s por taller). 
O taller é de materiais rápidos de utilizar, como esponxas, cartolinas e demais.

12 € por persona (engade os materiais para o taller)

Imparte:

Related Posts with Thumbnails