Exposición Fotográfica. Do 1 ao 31 de marzo.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.2.19
Exposición Fotográfica con imaxes de mulleres relevantes
na loita polo recoñecemento do Dereitos da Muller.
Do 1 ao 31 de marzo de 2019.
Organiza: Adicae
Etiquetas: Actividades, Documentación, Exposicións, Galiza, Historia, Muller
Presentación libro “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”. Venres 1 de marzo ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.2.19
Presentación do último libro de Carme Adán
“Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”
Editorial Galaxia
O patriarcado non acouga. Adáptase aos novos tempos. Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo.
Mais non é este só un libro de palabras, porque, como di a autora, coñecida e importante intelectual galega no eido do pensamento feminista, as palabras teñen carne. E as mulleres son de carne e son reais. Como o patriarcado que, entre todas e todos, debemos entender para poder combatir.
Etiquetas: Actividades, Libros, Muller, Politica, Presentacións
Presentación do poemario "De sangue e negrura". Mércores 27 de febreiro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.2.19
Presentación do poemario "De sangue e negrura" de Randi Estrago
mércores día 27 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Recital de temática social onde falaremos de Feminismo, de Violencia
contra as Mulleres, inmigración, Cuestión de Xénero, Indignación,
represión, escravitude sexual...
Etiquetas: Actividades, Letras, Libros, Poesía, Presentacións
Recital de poesía acompañado de música e danza. Venres 22 de febreiro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.2.19
Recital de poesía acompañado de música e danza
Venres día 22 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Organiza: Rosa Salanova
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Poesía
Invitación ao 140 aniversario do Ateneo Ferrolán. Sábado día 23 de marzo ás 12 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.2.19
Invitación ao 140 aniversario do
Ateneo na cidade de Ferrol
(24 de marzo de 1879
– 24 de marzo de 2019)
“Polos que foron,
polos que somos e polos que serán”
Sábado día 23 de marzo ás 12 h. na sede do Ateneo
Confirmación de asistencia: 981 357 970 - 644.720.055
Haberá
conferencia, música e para rematar un brindis ateneista
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Cultura, Documentación, Ferrol, Galiza, Ilustración, Lingua, Memoria Histórica, Patrimonio
FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.2.19
FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Todas as charlas serán ás 19:30 h. no Ateneo Ferrolán.
A asistencia será gratuíta ata completar aforamento.
Fran Nieto en colaboración co Ateneo Ferrolán e uns bos amigos e grandes fotógrafos organiza unha serie de charlas sobre diferentes temas nos próximos días.
O 7 de Febreiro inauguración das FotoCharlas falando de xestión de cor, unha presentación moi dirixida a entender como funcionan os perfís de cor e axudarvos a resolver os problemas de impresión e visualización das vosas tomas.
O 14 de Febreiro José Pardo falaranos da apaixonante aventura de editar un libro, dos retos que supón e como afrontalos con éxito. Traerá algúns exemplares das súas publicacións por se queredes adoptar algún dedicado.
O 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo que nos mostrará a evolución do seu estilo persoal, moi centrado na fotografía de retrato, e das motivacións que o xestaron.
O 28 de Febreiro veremos a forma en que Rubén Pérez Novo (Fris), obtén tomas macro no campo, un paseo apaixonante por un mundo en miniatura.
O 7 de Marzo acompañaranos Pablo Mauriz para ensinarnos a planificar as nosas viaxes en función da climatoloxía, das mareas, da posición do sol… É a mellor forma de sacar o máximo partido á fotografía de paisaxe.
Etiquetas: Actividades, Charlas, Ferrol, Fotografía
Nota
de Prensa Actividades da Xunta Directiva do Ateneo
No
Ateneo Ferrolán, a nova Xunta Directiva, está a traballar na
organización de diferentes actividades, entre outras:
-
Celebraremos o 140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol
(24.03.1879-24.03.2019), o acto realizaráse o sábado día 23 de
marzo as 12 h.. Haberá conferencias e música. https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
- Ao
redor do “Día Internacional da Muller Traballadora” vaise
realizar un Ciclo de Cine Feminista con Debates os martes ás 18,30
h. organizado polo movemento Galegas8M. O ciclo comezará o martes
día 19 de febreiro e rematará o martes día 26 de marzo.
-
Polo Día Internacional do Teatro:
- O
luns día 11 de marzo ás 19 h. haberá a representación teatral “El
cianuro solo o con leche” representada polo colectivo teatral
“Ferroluna”
- O
propio día 27 de marzo, ás 19 h. no salon de actos, haberá a
Lectura do Manifesto e algunha sorpresa máis.
-
Estamos traballando na conmemoración do bicentenario do nacemento de
Concepcion Arenal (Ferrol
31 de xaneiro de 1920) na que impulsaremos actividades, tanto propias
como en colaboración con outras entidades e institucions.
#AteneoFerrolán
#SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Actividades, Cultura, Debates, Ferrol, Historia, Lingua, Publicacións
Síguenos #SomosCultura #SalvemosoAteneo
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 11.2.19
Síguenos
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
Estamos en:
Bloguer:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/
Twitter:
@ateneoferrolan
@ateneoferrolan
Facebook:
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Etiquetas: Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Cultura
Presentación libro "Como el Viento de Otoño". Venres 8 de febreiro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.2.19
Teresa Cameselle Rdez presenta o seu libro "Como el Viento de Otoño"
Venres día 8 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Presentan xunto a Teresa Cameselle, Trinidad Palacios (organizadora do Congreso de Literatura de A Coruña) e María José Losada, traductora literaria e coordinadora da editorial Terciopelo.
A protagonista da novela que se presentará no Ateneo Ferrolán, é unha mestra que vén de Madrid a Esmelle a exercer o seu oficio empregando métodos novos e poñendo en marcha unha escola de mulleres adultas que lle vale para gañarse a súa confianza. Pero corren tempos convulsos e a pregunta de que lle ocorrerá a esa moza mestra terá que descubrila o lector.
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Libros, Presentacións