De sorpresa tamén haberá un sketch a cargo de Anxeles Seoane e Angeles Delgado.
Proxeción "Voaxa e Carmín". Xoves 28 de marzo ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.3.19
Con motivo da celebración, o día 27 de marzo, do Día Internacional de Teatro no Ateneo Ferrolán proxectarase "Voaxa e Carmín" o xoves día 28 de marzo ás 19 h. con entrada libre
De sorpresa tamén haberá un sketch a cargo de Anxeles Seoane e Angeles Delgado.
De sorpresa tamén haberá un sketch a cargo de Anxeles Seoane e Angeles Delgado.
Case unha atracción turística de seu e unha das iconas máis recoñecibles de Compostela, a estatua das Marías da Alameda de Santiago agocha unha historia máis dramática que, poñamos por caso, a da de Pessoa no Chiado. Case tan míticas como Cibeles e Neptuno, as Maruxa e Coralia do escultor César Lombera homenaxean as cores dun tempo gris e, ao ficaren aí a pesar dos estragos da desmemoria local, loitan por facer medrar a curiosidade de quen as visita.
Son poucas as mulleres e homes nacidas na capital antes da democracia que non recibisen, respectivamente, os seus insultos ou as súas chiscadelas. Para a maioría foron dúas excéntricas; como moito, hai quen se fai eco do poder simbólico que a súa presenza tiña no mediodía franquista. Como deixou dito Vidal Bolaño na edición impresa que acompañou a inauguración da estatua nos noventa, as Dúas en Punto “miraban a vida cun ollo chiscado e rían dun mundo que a forza de se enganar a si mesmo chegou a crer que era el quen ría delas”. Elas souberon aceptar ese engano e xogar con el. Convertéronse nun disfrace público para ocultaren unha vergonza privada, unha traxedia colectiva e unha memoria histórica.
Voaxa e Carmín presenta unha maneira artística, creativa e non documental de abordar o drama da nosa memoria histórica: o drama, silenciado durante décadas, de todo o peso da represión posbélica franquista envorcada sobre a vida feble de dúas mulleres inocentes. Se a información está dosificada e desordenada é para, precisamente, facer levedar o interese pola historia real e evitar que o fornecemento de todos os datos provoque unha satisfacción que a volva condenar ao esquecemento.
Texto, dirección e actrices sustentan, ademais, unha produción que, en definitiva, por contido e resultado, pode facer historia no teatro galego: un auténtico monumento teatral.
https://erreguete.gal/2016/07/21/voaxa-e-carmin/
Etiquetas: Actividades, Artes, Documentación, Historia, Libros, Memoria Histórica, Proxeccións, Teatro
Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.3.19
Na foto como membro da Xunta Xestora do Ateneo durante os anos 2016 ao 2018
Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)
Desde a CNT queremos expresar o noso profundo pesar polo pasamento este pasado xoves 21 de marzo, da compañeira Marisol.
Marisol foi delegada da sección sindical de CNT no Ateneo Ferrolán durante os anos 2013, 2014 e 2015 cunha defensa decidida dos postos e condicións de traballo da plantilla, e do propio Ateneo, frente ás agresións do Concello de Ferrol.
Por último, transmitir a súa familia e amizades a nosa condolencia pola súa perda.
Descansa en paz, Marisol e que a terra che sexa leve compañeira.
O comité de CNT Galiza
Este sábado día 23 de marzo no transcurso da celebración dos 140 anos do Ateneo na cidade de Ferrol, fixémoslle entrega a súa familia dunha placa conmemorativa polos máis de 30 anos como traballadora e socia desta entidade e pola súa laboura ateneista.
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán. Marzo 2019.
Etiquetas: Album de Fotos, Asembleas, Historia, Memoria
Exposición Mulleres Premiadas "María Josefa Wonenburger Planells". Do 29 de marzo ao 11 de abril.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.3.19
Exposición Mulleres Premiadas
"María Josefa Wonenburger Planells"
Do 29 de marzo ao 11 de abril no #AteneoFerrolán
Inauguración o venres 29 de marzo ás 19,30 h.
Inauguración o venres 29 de marzo ás 19,30 h.
A Xunta de Galicia quere recoñecer as mulleres científicas de Galicia,
mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a
moitas outras.
Así, con esta exposición preténdese visibilizar e facer chegar á
sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á
tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa
Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de
Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.
O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María
Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino
internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada
ao seu tempo.
http://igualdade.xunta.gal/gl/protagonistas/premios-maria-josefa-wonenburger-planells
Etiquetas: Actividades, Cultura, Documentación, Exposicións, Ferrol, Fotografía, Galiza, Muller
Celebración 140 aniversario do ATENEO na cidade de Ferrol
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.3.19
140 aniversario do
Ateneo na cidade de Ferrol
(24 de marzo de 1879
– 24 de marzo de 2019)
“Polos que foron,
polos que somos e polos que serán”
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
Video conmemorativo:
https://youtu.be/6FdZkhrKkBw
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
https://youtu.be/6FdZkhrKkBw
A
celebrar o sábado día 23 de marzo ás 12 h. na sede do Ateneo
Haberá
conferencia, música e para rematar un brindis ateneista
Presentación do poemario ” No perfil das Verbas" de Baldomero Iglesias (Mero). Xoves 14 de marzo ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.3.19
O xoves día 14 de marzo o Ateneo Ferrolán acollerá a presentación de ”
No perfil das Verbas, novo poemario de Baldomero Iglesias, máis
coñecido como Mero, un dos pioneiros da música galega, que formou parte
de grupos de música tan emblemáticos como Fuxan Os Ventos ou A Quenlla.
O acto de presentación do poemario, comezará ás 19 horas e ao mesmo
acudirán o propio autor, Alfonso Blanco da Editorial, a ilustradora do
libro María Guerrrero, Xulio Xíz, Pilar Sampedro, David Otero, Xoán Xosé Fernández Abella, Xosé Otero Canto, e os gaiteiros Raúl Galego e Xosé Val.
A entrada sera de balde ata completar aforo.
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Actividades, Galiza, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua, Poesía
Representación de: EL CIANURO... ¿SOLO O CON LECHE?. Luns 11 de marzo ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.3.19
INVITACIÓN. COMPAÑÍA TEATRAL FERROLUNA
Luns día 11 de marzo ás 19 h. no Ateneo
Representación de:
EL CIANURO... ¿SOLO O CON LECHE?
EL CIANURO... ¿SOLO O CON LECHE?
Unha farsa de humor negro
(De Juan José Alonso Millán)
………
Entrada libre.
O Ateneo Ferrolán recupera unha obra teatral de Juan José Alonso
Millán, estreada orixinalmente no teatro Infanta Beatriz, en Madrid, o
día 7 de xuño do ano 1963.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2019/03/11/ateneo-recupera-obra-alonso-millan/0003_201903F11C69911.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2019/03/11/ateneo-recupera-obra-alonso-millan/0003_201903F11C69911.htm
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Letras, Libros, Presentacións, Teatro