Proxección documental Federal. Xoves 27 de xuño ás 19,30 h.

Proxección documental Federal de Albert Solé 
Xoves 27 de xuño ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Participará no debate: Jordi Pedret ( Membro da xunta de Federalistes d’Esquerres)

Historia, presente e futuro dunha proposta que busca conciliar os beneficios da autonomía e a integración en sociedades marcadas pola presenza de identidades múltiples.
O estado da cuestión da man de pensadores e líderes políticos de alcance internacional como Daniel Cohn- Bendit, Romano Prodi, Joan Botella, André Lecours ou Emma Bonino.
 

Pero tamén o federalismo explicado desde dentro, a partir da experiencia de cidadáns anónimos: que sabemos, de onde provén, cales son as súas posibilidades nun mundo cada vez máis globalizado.
E unha mirada a experiencias e tradicións federais, os éxitos e fracasos do modelo.


 https://minimalfilms.com/portfolio/items/federal/

Evento:  https://www.facebook.com/events/463550257540108

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Mércores 26 de xuño








Ferrol a 7 de xuño de 2019


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Benquerido/a socio/a:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 21 h. coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da creación e da incorporación do Ateneo Ferrolán na Federación de Ateneos de Galicia

Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,




Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. 26 de xuño








Ferrol 7 de xuño de 2019





CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA






Benquerido socio /socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segundo, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión.
3.- Informe económico.
4.- Informe Modificación Estatutos do Ateneo.
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,








Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Representación Teatral HAMLINHO. Venres 14 de xuño ás 20 h.

Representación Teatral HAMLINHO.
     Venres día 14 de xuño ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
HAMLINHO
Que sabes de Hamlet a famosa obra de Shakespeare, alén de “Ser ou non ser”? 
Ou es das persoas expertas na xenial peza?
Sexa como for, o grupo de teatro A Espelunca vai desvendar para ti a realidade do que ocorreu en Hamlet con esta “versión moi libre” imaxinada por Pepablo Patinho. Unha divertida parodia que non podes perder.
Estará representada en portugués polo grupo teatral da asociación do Beco da Língua “ A Espelunca”, un grupo de teatro que nace do alumnado e exalumnado de portugués da EOI de Ferrol.
ELENCO:
Hamlinho , Roque Rodríguez.
Ofelia, Esther Pinheiro.
Polônio, Lan Couce.
Laertes, Manuel Buján.
Gertude, Maria Montero.
Rei Cláudio, Xam Lôpes.
Horacio, Avelino Penedo.
Fantasma e Fortimbrás, Vitor Santalha.
Macbeth, Glória Quintián
Othelo , Anxo Fernández
Julieta, Iago Bragado
Directora: Pim Patinho
Dramaturgo: Pepablo Patinho
Versión ao portugués: Catarina Cortiças

Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO “. Xoves 13 de xuño ás 19 hs.


Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO
de Ruth UTANDE
O libro presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 13 de xuño ás 19 hs. 
Participarán ademáis da autora Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo
“No me llames Olvido” é o primeiro libro de relatos curtos da coruñesa Ruth Utande. Está composto de dezaseis historias de persoas con vidas difíciles, que nadan sempre ao contraxeito para superar as situacións que lles toca afrontar. Son mulleres e homes que caen e levántanse e que, a pesar dos avatares da vida, aínda confían en que hai lugar para a esperanza. Os relatos están baseados en experiencias reais e todas eles ocorren en tempos e situacións diferentes pero cun denominador común que a escritora recolle no título: os protagonistas son capaces de perdoar e vivir sen rancor, pero non de esquecer.
Ruth Utande naceu na Coruña, e despois de vivir tres décadas en Madrid, a illa de Tenerife adoptouna de forma permanente fai tres anos. Xornalista de formación e escritora por vocación, traballou en prensa escrita e en comunicación empresarial durante moitos anos, actividade esta última que continua realizando na actualidade. Tamén colaborou no sector das organizacións non gobernamentais coa ONG Infancia sen Fronteiras, onde se ocupou de diversos proxectos en Níxer e en Nicaragua.
Durante todo este tempo nunca deixou de escribir. Biografías por encargo, contos para nenos e outros relatos para diversos eventos. Gústalle dicir que os ventos alisios da illa canaria déronlle a forza suficiente para dar vida a “No me llames Olvido” e voz aos seus protagonistas. Eles, máis que ninguén, merécenllo.

Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/

Related Posts with Thumbnails