Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO “. Xoves 13 de xuño ás 19 hs.


Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO
de Ruth UTANDE
O libro presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 13 de xuño ás 19 hs. 
Participarán ademáis da autora Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo
“No me llames Olvido” é o primeiro libro de relatos curtos da coruñesa Ruth Utande. Está composto de dezaseis historias de persoas con vidas difíciles, que nadan sempre ao contraxeito para superar as situacións que lles toca afrontar. Son mulleres e homes que caen e levántanse e que, a pesar dos avatares da vida, aínda confían en que hai lugar para a esperanza. Os relatos están baseados en experiencias reais e todas eles ocorren en tempos e situacións diferentes pero cun denominador común que a escritora recolle no título: os protagonistas son capaces de perdoar e vivir sen rancor, pero non de esquecer.
Ruth Utande naceu na Coruña, e despois de vivir tres décadas en Madrid, a illa de Tenerife adoptouna de forma permanente fai tres anos. Xornalista de formación e escritora por vocación, traballou en prensa escrita e en comunicación empresarial durante moitos anos, actividade esta última que continua realizando na actualidade. Tamén colaborou no sector das organizacións non gobernamentais coa ONG Infancia sen Fronteiras, onde se ocupou de diversos proxectos en Níxer e en Nicaragua.
Durante todo este tempo nunca deixou de escribir. Biografías por encargo, contos para nenos e outros relatos para diversos eventos. Gústalle dicir que os ventos alisios da illa canaria déronlle a forza suficiente para dar vida a “No me llames Olvido” e voz aos seus protagonistas. Eles, máis que ninguén, merécenllo.

Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails