TEMOS LOTERÍA DE NADAL nº 85.873

TEMOS LOTERÍA DE NADAL
Participacións de: 2,50 € + 0,50 € (colaboración)= 3 €

Nº 85.873
Colabora e participa!
Síguenos:
No facebook
No Twitter
@ateneoferrolan

DÍA das BIBLIOTECAS - 24 de outubro de 2019




DÍA das BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO DE 2019

Visita a nosa Biblioteca-Hemeroteca
 

Pregón

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.
Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.

Gemma Pasqual

Tradución de Héctor Cajaraville


Presentación de "Fuxir de Proxeria" de Manuel Blanco Desar. Venres día 18 ás 19,30 h.

Presentación de "Fuxir de Proxeria" de Manuel Blanco Desar

Venres día 18 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

O Ateneo Ferrolán, acollerá a presentación do libro "Fuxir de Proxeria", de Manuel Blanco Desar (Santiago, 1965), economista, avogado e politólogo. Ademáis do seu autor, no acto estarán tamén presentes a historiadora e directora da Revista FerrolAnálisis, Esperanza Piñeiro de San Miguel e a presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz.

Acto organizado polo Club de Prensa de Ferrol

Especialista en temas internacionais e membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, e do Patronato do Museo do Pobo Galego, Manuel Blanco, entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente. Tamén ven exercendo de articulista en varios medios de comunicación e no pasado mes de xullo participou como relator no Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que organiza o Club de Prensa de Ferrol en colaboración coa UDC, no que disertou sobre os Fondos da UE para incrementar a fecundidade e paliar o avellentamento.
Fuxir de Proxeria

Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI é o país máis avellentado de Europa, grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen. Onde os mozos son o ben máis prezado. Por iso deben ficar, ata saldar as súas hipotéticas débedas coa sociedade, por mor das leis impostas pola xerontocracia que domina o Parlamento ou Senilatus.
A garda controla os movementos dos novos para impedir as súas fuxidas. Eles considéranse bois de carga dunha comunidade camiño do colapso social e económico, sen futuro. Pero no medio deste panorama, onde xa case ninguén ten irmáns e se descoñece que é a fraternidade, aínda hai pequenos espazos para o amor e a esperanza, espazos para rexenerar Proxeria.

Manuel Blanco Desar (Compostela, 1965) é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Subd. Xeral de Análise e Programación, tamén é membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega e do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente de Relatos (USC). Ten publicado en Dorna -Expresión Poética Galega-. Foi colaborador e articulista en El Correo Gallego. Diario 16. Atlántico Diario e La Voz de Galicia onde mantivo a columna “A síndrome G”, na que tratou durante longo tempo os problemas demográficos do país.
Xunto con outros autores participou no volume colectivo Berra liberdade a prol de Amnistía
Internacional. Entre a súa obra atópase Nos dominios da incerteza. Historias económicas (Sotelo, 2007). Asemade dirixiu e editou o volume Galicia: un pobo con futuro?. O noso devalo demográfico (Xerais, 2014)

Presentación do libro "Estaciones" de Astronautico. Xoves día 17 ás 19,30 h.

Presentación do libro "Estaciones" de Astronautico
Xoves día 17 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo

Coloquio "Estaciones en el Amor Tóxico" e firma de libros.

Presenta: Laura C. Vilches.
Intervirán: Ana Amigo-Ventureira, Sarah D. Lamas, Nuria Ríos Zas.

"70minutos.con". Mércores día 16 de outubro ás 20 h.


 
"70minutos.con". Mércores día 16 de outubro ás 20 h.
 
Unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en presenza 
e conversa cos seus autores e autoras. 
 
Organiza: https://www.as-pg.gal/

Neste caso Mario Regueira conversa co escritor Henrique Dacosta

Música de JAZZ co grupo Lois Rivera Trío

Biblioteca-Hemeroteca: Doazón Bibliográfica





A Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán ven de recibir unha importante doazón bibliográfica, do historiador local Bernardo Máiz, composta por case 400 obras. 

Salientar a colección completa de “Tempos Novos, revista mensual de información e opinión que, dende fai dúas décadas, 'repasa o devir de Galicia'. “Longa lingua”, editada pola Mesa para a Normalización Lingüística, ou a extinta publicación local “Marea Negra”, editada pola Asociación Cultural Xerminal de Ferrol, son outros títulos destacados.

Na vontade de seguir traballando culturalmente pola recuperación da cidade de Ferrol, o Ateneo Ferrolán ven realizando unha tarefa de recollida de fondos hemerográficos e bibliográficos co obxectivo de conservar e difundir boa parte da historia social e cultural desta comarca.

#AteneoBiblioteca #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

Escola de Teatro do Ateneo. Aberto o prazo de matrícula.


 "Escola de Teatro" do Ateneo Ferrolán

Aberto o prazo para anotarse a nosa Escola de Teatro
 APÚNTATE!
 
"Escola de Teatro" imparte PlamenDi (Doctor en Ciencia y Arte Teatral. Director y Productor Teatral)
 
2 veces á semana 4 h. teatrais.
 
"Producción obra teatral final"
"Traballando sobre a obra, aprendendo teatro"
 
Prezos mensuais:
Soci@s: 40 €
Non soci@s: 45 €

Related Posts with Thumbnails