Presentación de "Fuxir de Proxeria" de Manuel Blanco Desar. Venres día 18 ás 19,30 h.

Presentación de "Fuxir de Proxeria" de Manuel Blanco Desar

Venres día 18 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán

O Ateneo Ferrolán, acollerá a presentación do libro "Fuxir de Proxeria", de Manuel Blanco Desar (Santiago, 1965), economista, avogado e politólogo. Ademáis do seu autor, no acto estarán tamén presentes a historiadora e directora da Revista FerrolAnálisis, Esperanza Piñeiro de San Miguel e a presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz.

Acto organizado polo Club de Prensa de Ferrol

Especialista en temas internacionais e membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega, e do Patronato do Museo do Pobo Galego, Manuel Blanco, entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente. Tamén ven exercendo de articulista en varios medios de comunicación e no pasado mes de xullo participou como relator no Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que organiza o Club de Prensa de Ferrol en colaboración coa UDC, no que disertou sobre os Fondos da UE para incrementar a fecundidade e paliar o avellentamento.
Fuxir de Proxeria

Proxeria, contra o derradeiro terzo do século XXI é o país máis avellentado de Europa, grazas ao seu récord de infecundidade dende finais do século precedente. Un país senescente, onde morren catro veces máis cidadáns dos que nacen. Onde os mozos son o ben máis prezado. Por iso deben ficar, ata saldar as súas hipotéticas débedas coa sociedade, por mor das leis impostas pola xerontocracia que domina o Parlamento ou Senilatus.
A garda controla os movementos dos novos para impedir as súas fuxidas. Eles considéranse bois de carga dunha comunidade camiño do colapso social e económico, sen futuro. Pero no medio deste panorama, onde xa case ninguén ten irmáns e se descoñece que é a fraternidade, aínda hai pequenos espazos para o amor e a esperanza, espazos para rexenerar Proxeria.

Manuel Blanco Desar (Compostela, 1965) é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Subd. Xeral de Análise e Programación, tamén é membro da Comisión de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega e do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Entre outros galardóns literarios, obtivo o Premio San Clemente de Relatos (USC). Ten publicado en Dorna -Expresión Poética Galega-. Foi colaborador e articulista en El Correo Gallego. Diario 16. Atlántico Diario e La Voz de Galicia onde mantivo a columna “A síndrome G”, na que tratou durante longo tempo os problemas demográficos do país.
Xunto con outros autores participou no volume colectivo Berra liberdade a prol de Amnistía
Internacional. Entre a súa obra atópase Nos dominios da incerteza. Historias económicas (Sotelo, 2007). Asemade dirixiu e editou o volume Galicia: un pobo con futuro?. O noso devalo demográfico (Xerais, 2014)

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails