Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga. Xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h.

Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga 
xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán 

Contaremos coa presenza do autor e de Guillermo Llorca (historiador)

Xosé A. Fraga, doutor en Bioloxía e ex director dos Museos Científicos da Coruña presenta Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, un libro editado por Espacio Cultura que explica en 78 relatos a pegada que deixou a Ciencia na cidade desde mediados do século XVIII.

Ciencia próxima recompila os episodios da cultura científica que desde o ano 2014 Xosé A. Fraga publica no xornal La Opinión. «Son as mesmas pezas, revisadas e con ilustracións novas, que respectan o seu obxectivo orixinal: achegar ao público xeral o coñecemento científico», explica o autor.

A idea de xuntalos todos nun volume único xurdiu da experiencia lectora dente próxima e da propia observación de Xosé A. Fraga. Dunha banda, apunta, esta selección publicada por xunto, permite compensar «a lectura apurada dos domingos cunha máis relaxada que convida á reflexión».

Doutra, incide, «co paso do tempo e con case 80 episodios sobre a mesa, deime conta de que narraban moi ben a integración da Ciencia na cidade», tamén porque a súa historia foi parella á propia historia do desenvolvemento científico.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails