Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves". Xoves 24 de setembro ás 20 h.

 


Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves"
Coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos.

Haberá unha lectura dramatizada dalgún dos textos polo grupo Fura Fura Teatro

Xoves día 24 de setembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
#CulturaSegura

(Entrada libre ate completar aforo permitido)

A Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, en colaboración con Ediciones Invasoras, vén de editar o seu primeiro libro, DramaturGA 20. 11 textos breves. O volume, coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos, contén textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, sther f. carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da máis recente literatura dramática contemporánea galega.

Nace este proxecto posible como un berro existencial ceibado coas nosas gorxas dramatúrxicas, un berro permanente das nosas inquedanzas, como unha primeira pedra do novo milladoiro na nosa peregrinaxe teatral colectiva, como unha cantería de asento na catedral da dramaturxia galega que leva as marcas de todas e todos os canteiros asociados que quixeron participar nesta proposta aberta e plural, que recolle a creación de literatura dramática galega actual compendiando algúns textos breves nun exemplar que reúne as condicións de: urxente necesidade, excelencia e liberdade.

http://www.dramaturga.org

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails