Presentación do libro “Romanza dos naranjos en flor” de Juan Galán. Mércores día 12 de maio ás 19 h.

 


Juan Galán 
natural da Coruña e residente en Ferrol, presentará o mércores día 12 de maio, ás 19.00 h. no Ateneo Ferrolán, o seu primeiro libro, Romanza dos naranjos en flor”
 
Considerada unha novela histórica con matices de intriga, nas páxinas do libro hai tamén espazo para o amor, a solidariedade, o humor, a amizade e a música. “ Romanza dos naranjos en flor” é precisamente o nome da peza musical que durante a súa estancia no campo de concentración compón un dos protagonistas.
 
O autor estará acompañado na presentación por Enrique Barreira e José A. Ponche Far.

Trátase dunha historia ambientada na guerra civil española e o campo de prisioneiros de Oia, en Pontevedra. Transcorre en diferentes puntos da xeografía galega, entre os que se inclúen localizacións como Serantes e a cidade naval. No campo de prisioneiros republicanos no que se converteu o mosteiro de Santa María de Oia durante a contenda coinciden os dous personaxes principais: Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo de republicano nado en Ferrol; e Miguel Artimes Chaira, violinista ovetense afiliado á CNT. O primeiro exerce como inspector no campo onde Artimes atópase como recluído. A medida que se recrúa a represión, Castro irase posicionando contra o Réxime e a súa falta de humanidade cos vencidos.

 


 

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails