XXI MOSTRA de CURTAMETRAXES 2021 - Participa e Difunde!!!!



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XXI MOSTRA de CURTAMETRAXES 2021 - Participa e Difunde!!!! 

 Manda a túa curta antes do día 26 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 26 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. 

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade. 

Os días 15 e 16 de decembro de 2021, levarase a cabo a XXI MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. 

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. 

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. 

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Presentación "Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira". Luns día 8 de novembro ás 19 h.

🌱 Seis anos despois do seu nacemento #ferrolrebelde continúa o seu camiño, agora cun mapa que divulgará a historia obreira da cidade! 📍 

O vindeiro luns 8 de novembro ás 19h presentamos no Ateneo Ferrolán esta iniciativa, coa que continuar a fomentar o diálogo social arredor dunha cuestión tan central na identidade da cidade. 

 🤝 Este proxecto está financiado pola Deputación da Coruña, a través da liña de axudas para a realización de actividades culturais por entidades sen ánimo de lucro. 

Toda a info na web! www.rexenerando.com

https://rexenerando.com/blog/2021/10/25/o-ferrol-rebelde-agora-nun-mapa/

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA . Luns día 25 de outubro de 2021

Ferrol 8 de outubro de 2021 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 

Benquerido socio /socia: 

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o luns día 25 de outubro ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segundo, coa seguinte 

ORDE DO DÍA

 1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (26.06.2019). 

2.- Informe de xestión. 

3.- Informe económico. Aprobación Contas anuais 2019 e 2020 

4.- Prórroga mandato da actual Xunta Directiva 

5.- Varios: Información sobre a Modificación Estatutos do Ateneo. 

6.- Rogos e preguntas 

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva, 

 

Asdo.- Xavier M. Dongil Presidente

Related Posts with Thumbnails