Presentación do libro #taméneu. Xoves día 11 de novembro ás 19 h.

 


#taméneu
o novo libro de María Xosé Porteiro, preséntase o xoves día 11 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán.
 
A autora opina sobre a revolución feminista en setenta e sete traballos xornalísticos.
 
María Xosé Porteiro recibiu senllos recoñecementos pola súa labor a prol do feminismo, en 2019, co premio 1º de maio de CCOO, e en 2020, co Ernestina Otero, da Comisión das Mulleres do concello de Vigo. Desde os anos 80 publicou innumerabeis pezas xornalísticas sobre desta temática. A partir de 2017 dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura e nesta xeira participou en numerosos estudos e investigacións desde a súa comisión de Igualdade.
 
A edición de #taméneu é da editora luguesa, LAR_libros, que inaugura con esta obra unha colección de opinión, e que participará na presentación. Acompañan a autora a directiva do Ateneo Ferrolán, Sonia Mauriz Pereira, e a prologuista, Llerena_Perozo
 
Chama a atención a portada, coas cores identificativas do feminismo e unha imaxe en branco e negro do fotógrafo Vitín_de_las_Heras, dunha manifestación feminista na Praza da Constitución, en Vigo, en 1983.

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails