Conversas sobre a novela: "Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba". Club de Lectura: martes día 5 de abril ás 17 h.

 


 Club de Lectura do Ateneo martes día 5 de abril ás 17 h.
 
Conversas sobre a novela: "Cuando estalló la noche. El enemigo no sospechaba", coa participación do autor Guillermo Llorca e de Ángeles Seoane, profesora de Literatura e directora do Clube de Lectura do Ateneo.
 
Esta ficción literaria, inspirada en acontecementos reais, pode enmarcarse no xénero de thriller policiaco. Sitúase na II Guerra Mundial cando as tropas de Hitler acaban de ocupar Francia e esténdense de forma imparable por outros lugares do continente.

Presentación Libro "La hija del conserje" de Alberto V. Serantes. Venres día 8 de abril ás 19 h.

 

Presentación do Libro "La hija del conserje" de Alberto V. Serantes

 Venres día 8 de abril ás 19 h.
 
 
Na presentación contaremos coa presenza de Julia Graña máis o autor Alberto Serantes.
 
Esta é a historia dun soto, un lugar escondido á vista, un escuro almacén onde se garda un misterio. É un relato de historias inconclusas reflectidas nos ollos do espectro dunha nena que se esconde, unha e outra vez, tras deixar en quen a ve o recordo dunha mirada cargada de pánico.


Exposición Mostra de Fondos Artísticos. Ate o 30 de abril de 2022.

 



Exposición Patrimonio do Ateneo Ferrolán e conmemoración do aniversario da fundación do Ateneo na cidade de Ferrol (1879-2022). 143 anos do Ateneo na cidade de Ferrol.
Mostra de Fondos Artísticos ate o 30 de abril de 2022.

COLOQUIO: "Del Audiovisual a PROA Avante ...". Mércores día 23 de marzo ás 19,30 h.

 



Día 23 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán 

COLOQUIO:

"Del Audiovisual a PROA Avante: Hildegart el éxito de la Pedagogía. Aurora el infortunio de la Locura"

Formaràn parte:

Germán Castro, Eliseo Fernández , Henrique Dacosta e Rosa Cal .

Acto Recepción do Patrimonio e Aniversario do Ateneo Ferrolán. Xoves día 24 ás 19,30 h

 


Xoves
día 24 de marzo de 2022 ás 19,30 h. 
 
Invitación ao acto de recepción do patrimonio do Ateneo Ferrolán e conmemoración do aniversario da fundación do Ateneo na cidade de Ferrol (1879-2022). 143 anos en Ferrol. 
 
Contaremos coa presenza do Alcalde de Ferrol Angel Mato que xunto co Presidente do Ateneo Xavier M. Dongil farán un percorrido polo edificio Ateneo Ferrolán
 
Enlace: 
Breve historia do Ateneo na cidade de Ferrol  
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html  
 

 

 
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #Aniversario #Ferrol #Galiza

CARVALHO CALERO volta a REIVINDICARSE. Domingo 27 de marzo ás 12 h.

CARVALHO CALERO volta a REIVINDICARSE

Domingo día 27 de marzo de 2022 ás 12 h.


O Bloque Nacionalista Galego, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Sociedade Cultural Medulio, o Ateneo Ferrolán e a Fundaçom Artábria convocan un concentración, o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 horas na praza Vella, para esixir ao goberno local que non paralice o proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero. 

O Ateneo Ferrolán xunto cas asociacións que promovimos a consideración de espazo dotacional a Casa de Carvalho Calero e 2 parcelas anexas a esta, logo da sentencia do Tribunal Supremo que anula a Plan Especial do barrio de Ferrol Vello, ACORDAMOS realizar unha CONCENTRACIÓN na Plaza Vella o vindeiro domingo día 27 de marzo ás 12 h. na que serán presentadas alternativas para superar a situación creada pola sentencia do Supremo e para acollernos aos fondos europeos previstos para este tipo de actuacións.

Presentación de "Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o escenario global". Xoves 17 de marzo ás 19 h.


O xoves 17 de marzo, celebrarase, ás 19 h, no Ateneo Ferrolán, a
presentación de "Unha nova Olanda. De Ferrol a Porto: as cidades
galegas e o escenario global"
, de Antón Baamonde.

Acompañando o autor, estarán o escritor Xavier Seoane, e o director de
Radio Fene, Henrique Sanfiz, en calidade de moderador.

Presentación da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei. Venres 18 de marzo ás 19,30 h.

 



Presentación
da novela "Matarán a Reboiras" de Luís Rei
Venres día 18 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
Interveñen: Xosé Lastra, profesor. Bernardo Máiz, historiador. Fran Alonso director de XERAIS e o propio autor Luis Rei
 
No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista.
 
Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza.
 
Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia.
 
Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade.
 
En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.
 
#Ateneo #SomosCultura #Libros #Historia #Ferrol #Galiza
 

 

A nosa Revista Atenea nº 50. Marzo 2022

 


A nosa Revista Atenea nº 50 
 
Lectura e descarga aquí:  
https://drive.google.com/file/d/11xG8ocL3agBjlnPLThw30eTrtAVwiJgF/view?usp=sharing  
 
#Ateneo #SomosCultura #10M #Publicacións #Ferrol #Galiza
 
Sumario:
 

 

Related Posts with Thumbnails